HomeBaixo MiñoA GuardaO VIDOC volve á Guarda en febreiro tras meses de ausencia por...

O VIDOC volve á Guarda en febreiro tras meses de ausencia por avería

- Anuncio -spot_img

O VIDOC da Policía Nacional volve no mes de febreiro para a expedición e renovación do pasaporte e do Documento Nacional Identidade (DNI).

Tras meses de ausencia deste servizo por problemas técnicos, poderase pedir cita para a renovación ou expedición do DNI ou pasaporte a partir do próximo martes 27 de febreiro.

O Vehículo Integral de Documentación (VIDOC) instalarase na Praza do Reló, o mércores 4 e o xoves 12 de febreiro. Atenderase de 9:10 a 12:30h, só con cita previa.

O martes 27 de xaneiro pódese pedir cita de forma presencial no mostrador de información da planta baixa do Concello ou chamando ao 986 61 00 00.

Recordamos que só é preciso acudir a unha cita para a realización de todo o trámite e se debe acudir á cita cunha fotografía, co DNI e coas taxas correspondentes do servizo.

Publicacións Relacionadas