- Trátase dunha obra urxente e necesaria, especialmente o cambio da cuberta, debido á antigüidade das instalación e a oito anos de goberno marcados pola ausencia de mantemento e conservación de todas as instalación deportivas.
- Os traballos no Complexo Deportivo Álvaro Pino comezarán o 2 de novembro e afectarán á piscina, á zona de cardio, a de spa e ás bancadas
- O Concello coordinou coa concesionaria e co Club de Natación o traslado de actividades a otras instalacións
O vindeiro luns, 2 de novembro, está previsto que comencen as obras de ampliación e mellora da eficiencia enerxética contempladas no proxecto de “Mellora da eficiencia enerxética da envolvente e ampliación da piscina e sala de fitness do Complexo Deportivo Álvaro Pino”. Unhas obras urxentes e necesarias polas que as instalacións interromperán temporalmente a súa actividade de cara ao público a partir do vindeiro luns, 2 de novembro de 2026 e coa previsión de apertura a finais de novembro. Ao incluír as obras a substitución da cuberta actual e diversas actuacións de calado sobre a estrutura do centro, o peche temporal das áreas de pìscian, cardio, spa e as bancadas, é estritamente necesario para garantir a seguridade absoluta dos usuarios e da plantilla de traballadores deportivos.
A intervención global centrarase en dotar ao complexo de novas e mellores prestacións, cunha ampliación da sús superficie en 656 metros cuadrados. Espazo que Será usado para a construcción dun novo vaso que permitirá contar con dúas rúas máis, o que mellorará substancialmente a capacidade das instalacións.Por outra banda, coa ampliación, crearanse novos e máis amplos espazos diáfanos para albergar a oferta de actividades deportivas. Finalmente, a eficiencia enerxética tamén estará presente, coa substitución integral da cuberta, illamento térmico da envolvente e melloras na climatización para reducir os custos enerxéticos.
A alcaldesa, Nava Castro, sinalou que “esta reforma é unha prioridade absoluta para o municipio. A veciñanza merece unhas instalacións modernas e eficientes, e non íamos deixar de loitar por este proxecto a pesar das dificultades e de ter que licitalo catro veces para que fose unha realidade”.
Pola súa banda, o tenente da alcaldesa, Juan Carlos González, subliñou que “trátase dunhas obras urxentes e necesarias, especialmente o cambio da cuberta, debido á antigüidade das instalación e a oito anos de goberno marcados pola ausencia de mantemento e conservación de todas as instalación deportivas”. “Somos conscientes das molestias temporais, pero este peche de novembro é imprescindible para actuar na cuberta e na estrutura con plenas garantías de seguridade para os traballadores e usuarios”, engadiu González
Coordinación total
Dende o concello destacan que todo este proceso de planificación e deseño do calendario de execución “levouse a cabo en total coordinación e sintonía coa empresa concesionaria do Complexo Deportivo e co propio Club de Natación”.
Por outra banda, co obxectivo prioritario de que as obras afecten o mínimo posible ao rendemento deportivo e social, o Concello de Ponteareas xestionou unha alternativa para dar continuidade á actividade do Club de Natación, así como ao desenvolvemento de parte do programa de actividades do propio Complexo. Para iso, entre otras medidas, a administración local puxo á súa disposición os dous pavillóns municipais en xornada de mañá.
O Concello de Ponteareas agradece a comprensión de toda a veciñanza, do tecido deportivo e dos usuarios ante este peche temporal, necesario para transformar o Complexo Álvaro Pino nun centro de referencia, accesible, sostible e adaptado ás necesidades actuais de Ponteareas.

