Home Pontevedra Caldas O xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés e o...

O xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés e o alcalde de Cuntis analizaron a situación sanitaria nesta localidade

- Anuncio -
  • O doutor José Flores sinalou hoxe ao alcalde Manuel Campos que a Área Sanitaria estudará a execución dun programa arquitectónico para o centro de saúde desta localidade, que contemplaría un arranxo da coberta do centro que inclúa unha ampliación do tellado no punto de acceso de ambulancias
  • Flores Arias sinalou ao rexedor cuntiense que o Servizo Salego de Saúde continúa a efectuar xestóns para acadar a cobertura das ausencias médicas neste centro de saúde, ademáis de mellorar a súa accesibilidade poboacional

O xerente da Àrea Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, o doutor José Flores Arias, mantivo esta mañá no hospital Montecelo do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra unha xuntanza técnica co rexedor do Concello de Cuntis, Manuel Campos Velay, na que se analizou a situación sanitaria desta localidade.

Acompañado pola directora asistencial, Susana Romero, a directora de Atención Primaria, Elena Ocampo e o director de Enfermaría da Área Sanitaria, Juan Vazquez, o xerente José Flores Arias sinalou ao rexedor cuntiense que a Área Sanitaria estudará a execución dun programa arquitectónico para o centro de saúde desta localidade, que contemplaría un arranxo da coberta do centro de Atención Primaria que inclúa unha ampliación do tellado no punto de acceso de ambulancias cara a mellorar os tránsitos de pacientes nos transportes sanitarios programados desta localidade.

No transcurso deste encontro -que da continuidade á relación entre a Xunta de Galicia e as corporacións locais en materia sanitaria- o doutor José Flores lembrou hoxe a Manuel Campos o condicionante actual do paro cero nas especialidades de Pediatría e Medicina Familiar e Comunitaria, de tal xeito que a ausencia destes profesionais para contratar e cobrer sustitucións no eido da Atención Primaria supoñen un atranco de cobertura con estabidade nesta localidade.

Continuidade nas xestións administrativas
Non obstante, o Servizo Salego de Saúde mantén o compromiso permanente de continuar efectuando xestións administrativas a este respeito, perseverando para poder efectuar contratacións de substitucións á maior brevidade posible e acadar a cobertura das ausencias médicas neste centro de saúde, ademáis de mellorar a súa accesibilidade poboacional.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Diego Calvo, acompañado do director xeral de Xustiza, José Tronchoni, asistiu na sede do...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do director xeral de Xustiza, José Tronchoni, asistiu esta mañá na sede do Tribunal...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

Publicacións Relacionadas