O Xerente do Consorcio Galego e a alcaldesa de Salvaterra de Miño visitan as obras daaa Escola Infantil Pública Autonómica

adminON
Lectura mínima de 1

Este mércores o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar,  Perfecto Rodríguez, acompañado da alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, e  a concelleira de Educación visitaron as obras de mellora na escola infantil nas que a Xunta  de Galicia inviste máis de 45.000 euros. 

En concreto, obras de renovación de diferentes elementos do patio, substituíndo o  pavimento e o peche de ocultación, ademais de mellorar os xogos dispoñibles e  incorporar outros, como unha zona de areeiro cuberta. No edificio, mudaranse canles  para evitar incidencias por infiltracións de auga e renovarase o acabado interior de  paredes e carpintaría.

Comparte este artigo