Home Vigo Fornelos de Montes "O Xerente Sanitario da Área de Vigo Comprométese a Resolver a ...

“O Xerente Sanitario da Área de Vigo Comprométese a Resolver a Falta de Pediatras e Médicos en Pazos de Borbén e Fornelos de Montes”

- Anuncio -

Hoxe celebrouse unha reunión no Concello de Pazos de Borbén coa  asistencia do xerente da área sanitaria de Vigo Francisco Javier e os  alcaldes de Pazos de Borbén e Fornelos de Montes, para abordar a falta de  pediatras e médicos en ambos municipios. A reunión contou coa presenza do  alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, a concelleira Victoria Couñago, o  alcalde de Fornelos de Montes, Emiliano Lage, e o tenente de alcalde Serafín  Martínez. 

Pazos de Borbén 

O xerente da área sanitaria de Vigo informou que a praza da pediatra en  Pazos de Borbén esta garantida, e non só iso senón que está estudando o  poñer unha enfermeira pediátrica de reforzo, e mentres a titular da praza  non cubre o servizo, asegurou que un día a semana haberá un pediatra para  atender o nenos e nenas e implementarase o servizo de pediatría en  Redondela, dispoñible a xornada completa, para atender aos nenos de Pazos  de Borbén na ausencia da pediatra local. Mantense o compromiso de  mellorar a atención pediátrica no municipio. O xerente é coñecedor da  sobrecarga de traballo da doutora de Pazos de Borbén e propuxo varias medidas concretas para aliviar a carga burocrática. 

Fornelos de Montes 

O alcalde de Fornelos de Montes, Emiliano Lage, foi informado de que, a  partir deste venres, o municipio contará cun novo médico para atender aos  veciños e veciñas. Ademais, asegurouse que haberá unha pediatra  dispoñible un día á semana en Fornelos de Montes e garantindo unha  atención axeitada aos nenos/as do municipio coa ampliación da pediatría en  Redondela, dispoñible a xornada completa. O xerente tamén afirmou que  máis de 20 novos facultativos de medicina familiar están rematando os seus  estudos e incorporaranse de inmediato, o que permitirá cubrir as  necesidades de municipios como o de Fornelos de Montes.

Compromisos Compartidos 

Nunha reunión caracterizada por un ambiente cordial, o xerente da área  sanitaria de Vigo comprometeuse a resolver os problemas de falta de persoal  sanitario en ambos municipios. Ademais da implementación de novos  servizos e persoal, asegurou que durante o verán cubriranse as prazas  necesarias para garantir unha atención médica axeitada. Enfatizouse que a  atención pediátrica e médica non se verá afectada e que as solucións  propostas se implementarán con prontitude para beneficio de todos os  residentes. O alcalde Luciano Otero e a concelleira Victoria Couñago, xunto co alcalde  Emiliano Lage e o tenente de alcalde Serafín Martínez, expresaron o seu  agradecemento polo compromiso da área sanitaria e a súa disposición para  traballar conxuntamente na mellora dos servizos sanitarios nos seus  municipios.

Relacionadas

O Concello de As Neves impulsa a mellora da seguridade viaria no Camiño do...

0
O Concello de As Neves vén de anunciar o inicio dun proxecto de mellora viaria no Camiño do Pazo, situado en Tortoreos, coa finalidade...

O Concello de Ponteareas sancionará á empresa prestadora do Servizo de Axuda no Fogar

0
O Concello de Ponteareas aprobou hoxe nun pleno extraordinario sancionar á empresa que presta o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Por unanimidade de...

O BNG de Vigo tacha de “estafa política” o programa de intermediación de vivenda...

0
A fronte nacionalista afea as “falsidades” do alcalde e desvela que o programa, cun custo de 230 mil euros para dous anos, só prevé...

Aberto o prazo para solicitar a bonificación do 40% do IBI para as familias...

0
O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, informa que no 2024 foron tramitadas 82 solicitudes desta axuda  O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, recordou esta mañá...

O BNG chama a unha nova mobilización masiva en Vigo en contra da “desfeita...

0
A fronte nacionalista pide ás viguesas e vigueses que volvan encher as rúas da cidade este xoves 16 de xaneiro en apoio da manifestación...

Tui reforza a súa aposta polo medio ambiente coas obras de mellora realizadas no...

0
Investíronse 68 mil euros renovando o peche perimetral, construíndo unha nova caseta para residuos eléctricos e reforzando a sinalización O Punto Limpo de Tui, situado...

Publicacións Relacionadas