Home Pontevedra A Lama O xurado da cata do Codillo da Lama aposta polar preración estofada...

O xurado da cata do Codillo da Lama aposta polar preración estofada con guarnición de patacas asadas, chícharos e cenorias para a XX Edición da Festa

- Anuncio -

As outras variedades presentadas por Cátering Arelas foron en salsa de setas, con verduras salteadas e cuscús e a terceira, con mazá, boliñas de espinacas e arroz en branco.

O xurado da cata da XX Festa do Codillo apostou pola preparación estofada e con guarnición de patacas asadas, chícharos e cenorias como especialidade que se ofrecerá o vindeiro domingo 22 de maio aos comensais que, tras o parón obrigado pola pandemia da Covid-19, volverán xuntarse baixo varias carpas xigantes na Alameda da Lama na festa gastronómica máis numerosa de toda a comarca Verdugo-Oitavén.

Nesta ocasión o xurado estivo formado polos tenentes de alcalde David Carrera e Jorge Méndez, así como polo concelleiro de Cultura e Deportes, Daniel Vidal, o director do CEIP da Lama, Rafael Sánchez-Agustino, o farmacéutico Miguel Araújo e a traballadora municipal Pilar Gómez.

A preparación gañadora foi a do Codillo Estofado que tivo que competir co preparado en salsa salsa de setas, con verduras salteadas e cuscús e a terceira, con mazá, boliñas de espinacas e arroz en branco. Estas tres modalidades foron preparadas pola cociñeira de Cátering Arelas, de Vincios (Gondomar), Rosa María Fragueiro, encargada de servir os pratos durante a xornada gastronómica do domingo 22 de maio na Alameda da Lama.

O tenente de alcalde David Carrera confirmou que, ao igual que na última edición que se celebrou na Alameda da Lama e co fin de evitar acumulación de público e longas colas, os tíckets véndese de xeito anticipado, ata o 19 de maio, nas oficinas do Concello e poderanse tamén retirar o mesmo día da Festa na Alameda.

A apertura da caseta de servizo de racións do codillo será polo tanto ás 13:30 horas co fin de axilizar ao máximo a súa repartición e evitar aglomeracións innecesarias. Manterase aberto ata esgotar existencias e servirase ata as 15 horas.

David Carrera explicou que “coa volta á normalidade” reforzarase a organización e habilitaranse varios accesos para evitar que se acumule nunha cola soa o servizo de dispensado de racións co fin de axilizar ao máximo a repartición das mil racións que se prevén para este evento gastronómico, o máis numeroso da comarca Verdugo-Oitavén.

REBAIXA DO PREZO DE 12 A 10 EUROS

Carrera lembrou que este ano tan especial da volta da Festa e pese ao aumento do IPC e do custe da vida, o Concello da Lama decidiu rebaixar o prezo habitual dos 12 euros a tan so 10 coa intención de “facer a festa o máis popular posible e coa intención de favorecer que o maior número de veciños e visitantes se acheguen ata a Alameda a disfrutar dunha xornada gastronómica e festiva”.

Ademais do codillo estofado, o adquiriente do tícket ten dereito a un anaco de pan, cubertos e un prato de barro conmemorativo do evento que os comensais poderán levar como recordo, así como bebida.

O tenente de alcalde da Lama, David Carrera, manifestouse ilusionado pola recuperación da festa e da normalidade que se ve refrendada polo ritmo de retirada de tíckets que se está a constatar nas oficinas municipais o que fai prever que o público responderá moi positivamente a este evento.

MOSTRA DE PRODUTOS DA TERRA E MÚSICA DOS ENCERELLADOS E A BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DA LAMA

Ademais da actividade meramente gastronómica, a XX Festa do Codillo estará amenizada musicalmente falando pola Banda de Música Municipal da Lama e a Charanga “Os Encerellados” que animarán toda a xornada.

Outra das novidades desta edición é a celebración dunha Mostra de Produtos da Terra na que estarán presentes stands onde se poderá adquirir mel, queixo, repostería tradicional, horta ecolóxica, etc. Ademais haberá un posto de pulpeiro que tamén ofrecerá a posibilidade de degustar outras variedades gastronómica típicas das festas e romarías galegas.

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

O PP négase a informar ao Parlamento sobre un novo concerto co Ribera-Povisa e...

0
Montserrat Prado denuncia a “total opacidade” do Goberno galego sobre o conxunto de recursos públicos que recibe este centro privado de Vigo O PP vetou...

Trece rutas percorrerán a natureza tudense entre abril e xuño

0
Comezan esta fin de semana cunha Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño Descubrir o patrimonio natural de Tui é o obxectivo das trece rutas de...

Soutomaior intensifica a limpeza de camiños e estradas nos barrios do concello

0
O concello de Soutomaior avanza na limpeza de camiños e beirarrúas do concello. Nas vindeiras semanas uniranse 9 operarios máis a este operativo que...

Publicacións Relacionadas