HomeBaixo MiñoA GuardaO XXX Encontro dos Pobos trae música e tradición  ao auditorio de...

O XXX Encontro dos Pobos trae música e tradición  ao auditorio de San Benito

- Anuncio -spot_img
  • O grupo invitado deste ano é Itxas-Alde de Bakio, para representar as danzas tradicionais vascas

Como véspera do día de Galicia, o 24 de xullo, o grupo Do Lusco ó Fusco celebra o seu XXX Encontro dos pobos, un festival xa arraigado que tenta fomentar a convivencia, o entendemento e o respecto mutuo a través do intercambio de tradicións, músicas, danzas e costumes.

Este ano, a parte dos anfitrións e do grupo local Vento Mareiro, contaremos coa actuación de Itxas-Alde de Bakio (País Vasco). Eles representarán as danzas tradicionais de cada unha das provincias do Pais Vasco, sen esquecer os bailes dos territorios do Iparralde ou Pais Vasco francés, e os tan extendidos Jauziak, que tamén forman parte do repertorio que ofrecen.

O Encontro dos pobos busca preservar a autenticidade e a riqueza do patrimonio cultural galego a través da indumentaria, os bailes, os cantares e os instrumentos tradicionais. O festival dará comezo ás 20:30h no Auditorio de San Benito.

Publicacións Relacionadas