Home Pontevedra A Paradanta Observación estelar no Alto do Castelo do Faro, esta fin de semana...

Observación estelar no Alto do Castelo do Faro, esta fin de semana en Covelo

- Anuncio -

Dentro da programación cultural e de promoción turística que se realiza ao longo do ano, o Concello de Covelo organiza un roteiro guiado no punto geodésico máis alto da provincia

Organizada polo Concello de Covelo, en colaboración coa Deputación de Pontevedra e o GDR Condado Paradanta, dentro da programación cultural estable que se ofrece ao longo do ano no concello, esta fin de semana trinta persoas poderán gozar do roteiro guiado e observación estelar no alto do Castelo do Faro. Esta proposta, ademais, está deseñada dentro da estratexia de promoción turística que o goberno de Covelo desenvolve tanto en tempada alta como baixa.

Mañá sábado ás 17:30 horas partirán da igrexa de Prado as e os participantes nesta actividade para subir ao miradoiro paisaxístico do Faro, o punto geodésico máis alto de Pontevedra con 1.154m de altitude situado na parroquia de Prado. De once da noite a dúas da madrugada observarán o firmamento da man da Federación Galega de Astronomía e Radioastronomía.

A seguinte oportunidade para participar nesta actividade de interpretación astronómica será o sábado 1 outubro. As persoas interesadas deberán contactar nos números de teléfono 622 676 355 / 986 65 00 27.

A concelleira de Turismo, Lourdes Enes, explica que son ocasións únicas nas que aprender ao aire libre da man de expertos, gozar dunha actividade saúdable nunha contorna natural e confraternizar co resto das e dos participantes.

Relacionadas

A Deputación organiza este xoves no Museo unha conferencia sobre obra de Francisco Asorey...

0
O mércores terá lugar a última sesión do curso de arte e indumentaria ‘Tirando do fío’, dedicada á Revolución francesa Este ano o Día das...

O Concello de Nigrán continúa co guitarrista David Reguero o seu segundo ciclo ‘Primavera...

0
O CONCELLO DE NIGRÁN CONTINÚA CO GUITARRISTA DAVID REGUEIRO O SEU SEGUNDO CICLO ‘PRIMAVERA DE JAZZ’ Aberto por Abe Rábade o 20 de Abril, finaliza...

Arbo, rende homenaxe aos arbenses na Gala da Lamprea

0
O acto terá lugar o vindeiro domingo día 21 de abril no Auditorio do Centro MultiusosEntre os agasallados están o equipo de biberóns do...

O programa Navega con Rumbo chega ao IES VAL DO TEA

0
A Escola de Nais e Pais do IES Val do Tea acolle a súa segunda xornada. O programa Navega con Rumbo da Consellería de...

O BNG de Meaño lamenta que os grupos da corporación municipal non apoiaran a...

0
A Alcaldía non admitiu a debate a moción de urxencia sobre os verquidos do Río da Chanca. O BNG de Meaño defendeu no Pleno celebrado...

Luis López sinala o turismo e a hostalaría como dous motores para o desenvolvemento...

0
O presidente da Deputación participa na entrega de premios aos profesionais do sector que organizan as asociacións provinciais de empresarios da hostalaría e hospedaxe A...

Publicacións Relacionadas