HomeO MorrazoBueuO concello de Bueu organiza do 28 ao 30 de novembro un...

O concello de Bueu organiza do 28 ao 30 de novembro un Mercado de Nadal nas Lagoas

- Anuncio -spot_img
  • Celebrarase nunha carpa situada no aparcadoiro de As Lagoas, e o obxectivo é dinamizar o tecido comercial, con preferencia para o da vila, ademais de ofrecer propostas para as compras previas ao Nadal
  • Os comercios interesados en participar deberán inscribirse a través do Rexistro Xeral do Concello, mentres que a hostalaría local interesada poderá facelo a través do enderezo electrónico silvia@concellodebueu.gal

O Concello de Bueu organizará do 28 ao 30 de novembro un Mercado de Nadal co comercio e hostalaría, con preferencia para os da vila, co fin de fomentar as compras no municipio e, ao mesmo tempo, dar a coñecer o tecido comercial. Repetindo a boa experiencia do pasado ano, o mercado vaise desenvolver nunha carpa situada no aparcadoiro de As Lagoas, en pleno casco urbano, e dende a concellaría de promoción económica e turismo infórmase de que os comercios interesados en participar se inscriban a través do Rexistro Xeral do Concello. No caso da hostalaría local, que poderán ofrecer comidas e bebidas, terán que facelo través do enderezo electrónico silvia@concellodebueu.gal.

O prazo estará aberto dende o 28 de outubro e ata o 7 de novembro e os postos reservaranse segundo a orde de inscrición no rexistro, con preferencia para os establecementos bueueses.

Silvia Carballo, concelleira da área, destaca que “queremos volver converter As Lagoas nun centro comercial e que a cidadanía tome conciencia do tecido local e da súa importancia, ademais de ofrecer ideas de agasallos para o Nadal”.

O mercado complementarase cunha programación cultural paralela para animar á cidadanía a asistir e a realizar as súas compras, ademais de actuacións musicais e decoración.

Publicacións Relacionadas