HomePontevedraBaixo MiñoOia acolle desde este mes o programa “Cultiva a Mente” de prevención...

Oia acolle desde este mes o programa “Cultiva a Mente” de prevención do deterioro cognitivo

- Anuncio -spot_img

Dirixido a maiores de 55 anos, as persoas interesadas poden anotarse nos Servizos Sociais do Concello ou nos teléfonos 986362125 e 639329493

O programa “Cultiva a Mente” de prevención do deterioro cognitivo bota a andar en Oia froito da colaboración entre a Xunta de Galicia, a través do departamento de Política Social, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia (AFAGA Alzheimer) e o Concello. As sesións terán lugar os mércores no edificio municipal das antigas escolas de Loureza en horario de 16.00 a 17.30 horas desde este mesmo mes de abril. As persoas interesadas poden anotarse nos Servizos Sociais do Concello e nos teléfonos 986362125 e 639329493.

Dirixido a persoas maiores de 55 anos, este programa gratuíto desenvolverase en sesións semanais nas que se traballará a estimulación cognitiva, os consellos para o coidado do cerebro e o fomento da socialización e das emocións positivas. “Cultiva a Mente” ten como obxectivo xeral previr o deterioro cognitivo a través da promoción dun estilo de vida activo e saudable, en liña coas recomendacións da Organización Mundial da Saúde. Entre os seus obxectivos específicos, a iniciativa procura mellorar as capacidades cognitivas, promover hábitos saudables, favorecer o benestar emocional, estimular a aprendizaxe continua e crear espazos de conexión social que axuden a combater a soidade non desexada.

Con esta iniciativa, as entidades implicadas reforzan o seu compromiso coa prevención das demencias e coa mellora da calidade de vida das persoas maiores no ámbito rural, achegando recursos especializados á contorna máis próxima da veciñanza.

Publicacións Relacionadas