HomePontevedraBaixo Miño Oia acolle unha reunión informativa sobre a rede MOVE, que conecta a...

 Oia acolle unha reunión informativa sobre a rede MOVE, que conecta a comerciantes, hostaleiros e produtores

- Anuncio -spot_img

O proxecto Move-Rede de Comercio Local organiza o próximo 3 de novembro en Oia un encontro dirixido a comerciantes, hostaleiros e produtores da zona. Na sesión, que se celebrará ás 9.00 horas na Casa do Concello, ofrecerase información sobre esta iniciativa e os pasos que se deben dar para adherirse a ela. Para participar na reunión é preciso confirmar asistencia no correo move@depo.gal

Move é unha iniciativa da Deputación de Pontevedra e dos concellos adheridos que ten o obxectivo de crear unha rede de comercio local que permita estreitar vínculos entre persoas comerciantes e hostaleiras  da provincia e produtores e provedores.

Esta rede provincial pon a disposición dos comerciantes, hostaleiros e produtores unha plataforma en liña co obxectivo de promover relacións comerciais, compartir experiencias e historias e acceder a titoriais e formacións.

Publicacións Relacionadas