Home Pontevedra Baixo Miño Oia acollerá accións contra a herba da pampa na Semana Ibérica sobre...

Oia acollerá accións contra a herba da pampa na Semana Ibérica sobre Especies Invasoras

- Anuncio -

Asociación Galicia Ambiental e Concello desenvolverán charlas e saídas de extracción e cartografado con voluntarios

A Asociación Galicia Ambiental e o Concello de Oia traballan conxuntamente para concienciar á poboación sobre os problemas que están a provocar as especies invasoras como a herba da pampa (Cortaderia selloana), presente en amplas zonas do país. Así, levarán a cabo diversas actividades durante a Semana Ibérica sobre Especies Invasoras (SIEI) que España e Portugal organizan do 21 ao 29 de maio co obxectivo de sensibilizar sobre este problema ambiental e económico.

As especies invasoras son unha das principais ameazas para a biodiversidade a nivel global e causan outros impactos significativos a nivel ambiental e socioeconómico. Porén, estas cuestións aínda son descoñecidas para a maior parte da cidadanía, polo que cómpre levar a cabo accións non só de control e erradicación, senón tamén de concienciación.

Neste contexto, a SIEI 2022 pretende contribuír a aumentar o coñecemento e a sensibilización sobre estas especies. Trátase dunha iniciativa promovida pola Rede Portuguesa de Estudo e Gestão de Espécies Invasoras – Rede InvECO, pola plataforma Invasoras.pt e polos proxectos LIFE Stop Cortaderia e LIFE INVASAQUA. Ademais, realízase en estreita colaboración con diversas entidades, asociacións e grupos informais.

Programación de actividades

Durante a SIEI organizaranse charlas nos centros escolares e asociacións de Oia, unhas actividades de sensibilización que culminarán cunha acción de voluntariado de extracción xeneralizada de plumeiros, cartografado de plantas e extracción dunha área de afectación na contorna urbana.

Un técnico forestal do Concello de Oia e o responsable de divulgación da asociación serán os encargados de trasladar aos distintos colectivos do concello información sobre os riscos ambientais e de saúde desta especie invasora, ademais de indicar a importancia de afrontar accións preventivas para evitar o seu rebrote.

A acción de voluntariado está prevista para o 29 de maio e consistirá en percorrer, por equipos, o termo municipal cun dobre obxectivo: extraer semente e cartografar a presenza da planta a través da plataforma habilitada polo proxecto LIFE Stop Cortaderia. Nela xa figura unha boa parte das plantas tras unha intensa actividade identificadora desenvolvida dende o municipio, un dos máis activos nesta materia de Galicia.

Esta xornada de voluntariado rematará coa entrega, para a súa destrución, de plumeiro novo, co que se evitará que millóns de sementes se estendan este ano por Oia e a súa contorna. A destrución terá lugar nunha zona urbana do municipio onde se consolidaron varias plantas, converténdose nun espazo “liberado” de Cortaderia selloana e restaurado mediante a plantación de vexetación e árbores autóctonas.

Programa “piloto” en Oia

Despois do parón obrigado polas medidas preventivas para o control da pandemia, a Asociación Galicia Ambiental retoma as súas actividades con voluntariado e os seus programas de educación e sensibilización ambiental. Esta primeira acción faise en colaboración co Concello de Oia, pois ambas entidades están adheridas ao proxecto LIFE Stop Cortaderia (actualmente en desenvolvemento e que finaliza este mesmo ano). Ademais, Galicia Ambiental é “socia rexional” na candidatura para optar a un novo proxecto STOP Cortaderia (sería a segunda parte do que este ano chega ao seu fin), presentado ao novo LIFE e que comezaría a executarse en 2023.

Durante 2022, Galicia Ambiental desenvolve diversas accións de voluntariado para a extracción de especies invasoras, nomeadamente cortaderia selloana, dentro do seu programa SIN INVASORAS. Neste contexto, a acción de Oia considérase un “programa piloto” das intervencións locais que se desenvolverán, no caso de ser aprobado, no marco do II Programa Stop Cortaderia, do cal formará parte en representación de Galicia. Este programa agrupa a comunidades de Portugal, España (todas as comunidades cantábricas) e Francia.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas