HomePontevedraBaixo MiñoOia encherase de música tradicional este domingo co XXX Encontro dos Pobos

Oia encherase de música tradicional este domingo co XXX Encontro dos Pobos

- Anuncio -spot_img

O festival de música tradicional Encontro dos Pobos, que cada ano organiza a agrupación musical Do Lusco ó Fusco en diversos municipios do Baixo Miño, chega este ano á súa edición número XXX. Ao igual que en anteriores ocasións, Oia acollerá parte da programación, cun concerto que reunirá a formacións da comarca e de Euskadi.

Despois de pasar polas localidades de A Guarda, O Rosal e Tomiño, o Encontro dos Pobos chegará a Oia o domingo 27 de xullo cun concerto que se desenvolverá ás 20.00 horas na Praza Centinela. Contará coa participación dos grupos Tra-lo Mosteiro (Oia), Do Lusco ó Fusco (A Guarda) e Itxas-Alde (Euskal Herria).

Con este festival, dirixido tanto ao público local como a visitantes que pasan estes días pola zona, o barrio histórico de Oia converterase en escenario de intercambio cultural a través da música tradicional de diversos territorios.

O Concello de Oia informa de que, debido aos concertos do Encontro dos Pobos, a Praza Centinela permanecerá cortada ao tráfico o domingo entre as 19.00 e as 22.00 horas, aproximadamente.

Publicacións Relacionadas