HomePontevedraPonte CaldelasOito agrupacións musicais e artísticas protagonizarán a Gala Solidaria todos con Gustavo...

Oito agrupacións musicais e artísticas protagonizarán a Gala Solidaria todos con Gustavo Dacal o venres 27 de xaneiro en Ponte Caldelas

- Anuncio -spot_img

Actuarán no festival benéfico Manoele de Felisa, Raider Rómulo y Remo, Sara e Sofía, Son das Tabernas, Acordes Son do Verdugo, Arte Maña, Cuatro Acordes e Desconcerto

Un total de oito agrupación musicais e artistas protagonizarán, o venres 27 de xaneiro a partir das 19 horas no salón de actos do Colexio Manuel Cordo Boullosa, a Gala Solidiaria Todos con Gustavo Dacal organizada polas asociacións veciñais, culturais e deportivas e comunidades de montes de Ponte Caldelas para recadar fondos para costear os gastos médicos do plusmarquista español en lanzamento de xabelina e veciño de Baltar, Gustavo Dacal Martínez, que se atopa ingresa nun hospital de Veracruz (México).

O festival benéfico terá como protagonistas a Manoele de Felisa, Raider Rómulo y Remo, Sara e Sofía, Son das Tabernas, Acordes Son do Verdugo, Arte Maña, Cuatro Acordes e Desconcerto que actúan de xeito gratuíto e desinteresado para axudar á familia do atleta pontecaldelán a sufragar os gastos das operacións e a estancia hospitalaria de Gustavo Dacal en México, país no que levaba traballando 10 anos cando foi sorprendido por unha infección xeralizada do seu organismo que provocou que tivera que ser intervido de urxencia e a vida ou morte en catro ocasións consecutivas.

A organización do evento benéfico está procedendo a distribuir os carteis anunciadores da Gala Solidaria, que contan co patrocinio de establecementos comerciais colaboradores, e tamén á venda anticipada das entradas que a un prezo asequible de 5 euros se vehicularán en principio a través das asociacións e entidades colaboradoras e tamén se venderán en taquilla o día propio do festival.

As persoas que queiran colaborar coa recadación, pero que non poidan asistir á Gala Solidaria poderán facelo a través da adquisición de entradas “Fila Cero”, tamén a 5 euros cada unha, que poderán ser tamén adquiridas a través das entidades veciñais.

Esta Gala Solidaria é a primeira destas características que se celebrará no Colexio Manuel Cordo Boullosa de Ponte Caldelas e xurde como consecuencia da necesidade de canalizar dalgún xeito a preocupación e o ánimo da veciñanza de Baltar e de todo o municipio por facer chegar a solidariedade activa e recursos económicos á familia de Gustavo Dacal.

Asimismo, as asociacións de veciños, culturais, deportivas, empresarios (Coempo) e comunidades de montes agradecen en todo momento aos artistas e agrupacións musicais que colaboran de xeito altruista en esta iniciativa así como a los establecimientos comerciais, empresas e persoas que a través de doazóns en metálico, bens e servizos están contribuíndo a que este acto solidario axude á recuperación de Gustavo Dacal.

Publicacións Relacionadas