Home O Morrazo Marín Oito empresas optan á execución do novo colector entre Pastoriza e Picotes

Oito empresas optan á execución do novo colector entre Pastoriza e Picotes

- Anuncio -

O Concello investirá 200.000 euros con cargo ao Remanente de Tesourería neste proxecto, co que se dotará dun sistema de saneamento de augas residuais a esta zona do rural para revertir os problemas da actual depuradora de Pastoriza, que ten os días contados.

Espérase rematar coa adxudicación de cara ás próximas semanas.

A actual depuradora de Pastoriza ten os días contados. O proceso de licitación da obra de creación dun novo colector entre Pastoriza e Picotes recibiu 8 ofertas por parte de distintas empresas para executar os traballos. Así o adiantou o concelleiro de Medio Rural esta mañá, Pablo Novas, que aspira a que a adxudicación “poida realizarse nas próximas semanas”.

Esta obra, que suporá unha inxección económica de 200.00 euros por parte do Concello con cargo ao Remanente de Tesourería, supón un importante proxecto para a mellora do saneamento do rural, xa que permitirá poñer fin aos problemas que desde hai anos dá o mal funcionamento da depuradora de Pastoriza.

A posta en marcha deste proxecto tive o seu inicio nunha reunión coa veciñanza, coa que se consensuou clausurar a depuradora actual pola súa ineficacia (confirmada de xeito recurrente por informes técnicos) e proxectar unha nova canalización, “que permita prestar este servizo con calidade para os veciños e veciñas de Ardán”, explica Novas.

Este proxecto, cuxa adxudicación está cada vez máis cerca, conta con todas as autorizacións de Medio Ambiente, Patrimonio e Augas de Galicia, necesarias para iniciar o proceso de licitación.

Tal e como comentou o concelleiro de Rural, “con este proxecto afianzamos o noso compromiso co saneamento e, en xeral, a prestación de servizos públicos municipais no rural, tratando de melloralos e prestalos coa maior calidade posible”.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas