Operativo de mobilidade con motivo dos Campionatos de España de Tríatlon

adminON
Lectura mínima de 1

A avenida de Bos Aires entre a ponte dos Tirantes e Monte Porreiro pecharase o xoves, 20 de xuño a partir das 09.00 horas.

A liña 1 do transporte urbano non funcionaría o sábado e o domingo, e a liña 2 dobra a súa frecuencia.

A celebración do Campionato de España de tríatlon irá aparellado de importantes cambios na mobilidade a motor na cidade durante as xornadas do sábado, 22 e domingo 23 de xuño.
Entre as afectacións máis salientables está o tramo da avenida de Bos Aires comprendido entre a ponte dos Tirantes e Monte Porreiro que se pechará ao tráfico dende as 09.00 horas do xoves, 20 de xuño, até ás 23.00 horas do domingo 23 de xuño. O acceso dos residentes está previsto pola rúa Ernestina Otero.

As restriccións de tráfico tamén obrigan a pechar a liña 1 do transporte urbano no sábado e no domingo, e reforzarse a liña dúas que dobrará a súa frecuencia durante esas dúas xornadas.

Comparte este artigo