Os 20 alumnos/as do Obradoiro de Emprego Ulla Umia VI pertencente ós concellos de Moraña e Valga,10 alumnos da especialidade de carpintería e 10 de forestais rematan a formación complementaria en Creación de Empresas Trátase esta formación de complementaria aos oficios que estan a aprender durante o proxecto. Ë una formación de 20 horas de duración que é impartida por un técnico dunha empresa externa homolagada pola Consellería de Emprego.
Esta formación comprende analizar as características das persoas emprendedoras e as súas ideas de negocio, dende a perspectiva de que o alumno analice tanto a súa capacidade e motivación emprendedora como o potencial da súa idea empresarial, e presentar as principais actividades emprendedoras que se poden desenvolver en Galicia. Presentar o plan de empresa como a folla de ruta fundamental para o lanzamento dun proxecto empresarial, coñecendo novos enfoques para a súa definición e incorporación de elementos innovadores que garantan a súa viabilidade.Mostrar os recursos dos que poden dispoñer os emprendedores para definir a súa idea de negocio, elaborar o seu plan de empresa e financiar e lanzar o seu proxecto empresarial.
Deuselle moita importancia nesta formación a poñer a disposición dos alumnos un amplo repertorio de recursos para o emprendemento, incluíndo novas iniciativas e ferramentas de apoio aos novos proxectos empresariais.



