Home Pontevedra Caldas Os alcaldes Cubela, Costa, Martínez e Cela reúnense en Moraña para tecer...

Os alcaldes Cubela, Costa, Martínez e Cela reúnense en Moraña para tecer sinerxias vertebradoras do interior da provincia e optar a Fondos Europeos

- Anuncio -

Falaron de revitalizar o mundo rural con propostas de futuro que permitan crear emprego e fixar poboación con proxectos sostibles e con rendabilidade social
Os alcaldes de Cerdedo-Cotobade, Campo Lameiro, Portas e Moraña, Cubela, Costa, Martínez e Cela, respectivamente, mantiveron unha xuntanza de traballo no consistorio morañés coa intención de trazar estratexias de futuro que estimulen sinerxias que repercutan positivamente nos seus veciños e veciñas á hora de optar a fondos europeos e iniciativas que vertebren o interior da provincia de Pontevedra en torno a proxectos sostibles e con rendabilidade social que permitan crear emprego e fixar poboación no mundo rural. Esta primeira xuntanza que se celebra prodúcese ante a necesidade de presentar proxectos ante a Unión Europea co fin de lograr a atención dos fondos europeos para crear sinerxias destinadas a poñer en valor o interior da provincia de Pontevedra e poder así materializar iniciativas que redunden no interese dos veciños e veciñas destes catro concellos. Ademais, este encontro serviu para que os alcaldes de Cerdedo-Cotobade, Campo Lameiro e Portas lle amosaran o seu apoio e respaldo persoal a José Cela, rexedor de Moraña, así como a súa disposición a colaborar en todo aquello que precise na nova etapa que emprende ao fronte do concello morañés. Segundo estes catro alcaldes, nos últimos tempos a política desenvolvida desde organismos supramunicipais como a Deputación de Pontevedra teñen outras prioridades moi distintas dos pequenos e medianos concellos, sobre todo do interior da provincia, que se ven apartado non so dos centros de decisión senón un pouco orfos e desatendeidos por parte do organismos provincial máis centrado nas grandes vilas e cidades importantes. XEODESTINO TURÍSTICO DO CAMIÑO DE SANTIAGO E DA VÍA MARIANA Os alcaldes tamén centraron parte da súa reunión en dinamizar o seu espazo como xeodestino turístico para cando as restricións sanitarias o permitan fomentando alternativas complementarias ás celebracións do Xacobeo e tendo como eixos fundamentais a promoción do Camiño Portugués a Compostela e a Vía Mariana, fitos cuxos trazados discurren polos seus respectivos termos municipais. Os rexedores valoraron como moi positiva esta primeira toma de contacto e non descartan ampliala a algún concello máis así como a equipos técnicos de traballo para ir avanzando en proxectos concretos para poñer en marcha dunha maneira coordinada con outras administracións. “Visibilizar o mundo rural, a zona interior da provincia de Pontevedra, crear sinerxias e buscar apoio económicos nos fondos europeos son as liñas fundamentais esbozadas nesta primeira xuntanza que se desenvolveu nun ambiente de total cordialidade, postividade e ilusionante desde o punto de vista do traballo futuro na procura de explorar alternativas e puntos de unión entre concellos con realidades similares para atopar solucións harmónicas e sostibles que axuden a fixar poboación nos nosos concellos e a promocionar movementos económicos sostibles e de alta rendabilidade social no noso entorno”, indicou o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas