Home Pontevedra O Condado Os alumnos do conservatorio ponteareán Zeus Alfaya e Pablo Rodríguez, na Mostra...

Os alumnos do conservatorio ponteareán Zeus Alfaya e Pablo Rodríguez, na Mostra Musical do Eixo Atlántico

- Anuncio -

Participarán esta fin de semana en Ferrol xunto a outros 37 solistas nunha gala que busca recoñecer, promover e premiar a práctica da música entre novas e novos intérpretes

Ponteareas contará con dous representantes na VII Mostra Musical do Eixo Atlántico, que reunirá a 39 intérpretes e 8 agrupacións dunha vintena de concellos esta fin de semana en Ferrol. Os alumnos do Conservatorio Municipal de Música ponteareán Zeus Alfaya Fontán, co violín, e Pablo Rodríguez Represas, co bombardino, participarán neste encontro, ao que irán acompañado polo profesor responsable Serguei Maximov.

Con esta mostra musical o Eixo Atlántico ten por obxectivo recoñecer, promover, premiar e difundir a práctica da música, apoiando a aquelas e aqueles intérpretes que polo seu valor e interese poidan contribuír á difusión do gusto pola música en Galicia e no norte de Portugal, favorecendo a innovación, a calidade, a interacción e a renovación no panorama musical no territorio do Eixo Atlántico. Nela participa estudantado das Escolas Municipais de Música ou Conservatorios Profesionais galegos e Escolas Profesionais e Conservatorios lusos.

As actuacións terán lugar no auditorio e no Conservatorio de Música Xan Viaño e rematarán o vindeiro domingo 15 de maio coa entrega de premios e a gala de clausura, que renderá unha homenaxe á compositora portuguesa Isabel Soveral.

A alcaldesa e concelleira de Ensino, Cristina Fernández Davila, desexa moita sorte a Zeus e Pablo nesta Mostra Musical, “na que seguro que deixan o nome de Ponteareas moi alto coas súas interpretacións”.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas