- Todos os asistentes recibirán un xogo gratis
O próximo martes 23 de decembro, A Guarda recibe unha visita sorpresa: os Bolechas. Estes coñecidos irmáns veñen presentar o seu novo xogo:Os Bolechas coñecen a provincia de Pontevedra e o territorio transfronteirizo.
O martes ás 12:00h no Centro Cultural poderás coñecer a esta familia. Ademais, os asistentes levarán un xogo de regalo para así desfrutar en familia neste Nadal aprendendo sobre o nosos veciños galegos e portugueses.
Esta actividade conta co financiamento da Deputación de Pontevedra.



