HomePontevedraA ParadantaOs Bolechas, visitan Arbo o 19 de novembro

Os Bolechas, visitan Arbo o 19 de novembro

- Anuncio -spot_img

O vindeiro 19 de novembro ás 18:00 horas, o Auditorio do Centro Multiusos de Arbo, acollerá a actividade “OS BOLECHAS – O ANIVERSARIO DO AVÓ”, dentro dos eventos organizados co gallo do Outono Cultural 2022·

Enmarcada dentro do programa da Xunta de Galicia “FalaRedes”, a actividade lúdica e didáctica dos Bolechas esta dirixida para toda a familia

O xogo e a diversión combínanse unha vez máis coa aprendizaxe da man dos coñecidos personaxes de Pepe Carreira. Loli, Faísca, Tatá, Braulio, Sonia, Pili e Carlos, Vos Bolechas, volven con outra aventura chea de diversión que atrapará aos máis pequenos desde o inicio da función.

Os obxectivos de FalaRedes son ampliar a oferta de ocio no noso idioma, promover o uso e a valoración positiva da lingua propia de Galicia na sociedade e apoiar os artistas que desenvolven o seu traballo en galego.

Publicacións Relacionadas