HomePontevedraBaixo MiñoOs centros educativos de Tui e Valença realizarán unha colaboración especial na...

Os centros educativos de Tui e Valença realizarán unha colaboración especial na segunda edición de CaixaSon

- Anuncio -spot_img

O profesor Júlio Viana dirixirá este ano o proxecto e se incorpora tamén o San Xerome

A exitosa experiencia de inclusión a través da cultura e da música CaixaSon promovido polo IKFEM Festival Tui-Valença  co apoio de BPI-Fundação ”la Caixa” ten en marcha xa a súa segunda edición.

Ao fronte dos talleres situarase o profesor Júlio Viana. Este ano contará cunha colaboración especial do alumnado dos centros educativos de Tui e Valença e se incorpora a Asociación San Xerome de A Guarda.

Precisamente para poñer en marcha esa colaboración dos centros educativos da Eurocidade celebrouse unha reunión na que participaron a concelleira de Cultura, Ensino e Mocidade do Concello de Tui, Sonsoles Vicente, os vareadores de Educación Arlindo Sousa; e de Cultura Óscar Silva, e a directora do festival IKFEM, Andrea González. Acudiron tamén  representantes dos centros tudenses CEIP Nº1 Tui,  CEIP de Caldelas, CEIP Pazos de Reis e do Agrupamento de Escolas Muralhas do Minho de Valenca. Na experiencia participarán tamén outros centros educativos da Eurocidade. 

Este innovador proxecto de formación, inclusión e accesibilidade, comezou a desenvolverse na edición de 2025 do IKFEM para fomentar a participación na creación cultural de toda a cidadanía. Así, coa apoio da Fundación La Caixa,  púxose en marcha un taller musical destinado a un grupo de persoas en risco de exclusión social  dos municipios de Tui e Valença. Nesa primeira edición baixo a dirección de Macarena Montesinos, acompañada da cantautora Su Garrido Pombo, participaron persoas usuarias de Vontade, Diversidades Acolle, APPACDM e Universidade Sénior.  O proxecto e a estrea do documental tivo lugar na Gala Inaugural do festival na que a agrupación inclusiva abriu o programa do IKFEM Festival Tui-Valença, cantando xunto a Antonio Orozco e Rita Rocha, ante máis de 1.200 persoas. 

O proxecto CaixaSon do IKFEM Festival Tui-Valença foi recoñecido cun premio internacional, o Silver Award en Inclusive Culture nos IAUD International Design Award 2026, outorgado pola asociación xaponesa International Association for Universal Design. Esta candidatura foi seleccionada entre proxectos de 12 países.

 O galardón será entregado o venres 27 deste mes nunha Gala en liña á que asistirán a directora do IKFEM Festival Tui – Valença, Andrea González, Susan Santos, responsable territorial de La Caixa, representantes dos municipios da Eurocidade Tui-Valença e das entidades sociais que participaron no CaixaSon.

Publicacións Relacionadas