HomePontevedraDezaOs certificados de aforro enerxético no transporte de viaxeiros por estrada e...

Os certificados de aforro enerxético no transporte de viaxeiros por estrada e a súa monetización, a análise en ExpoBus Iberia 2025

- Anuncio -spot_img
  • ABORDARASE NUNHA XORNADA ORGANIZADA POLA ASOCIACIÓN NACIONAL DE EMPRESARIOS DE TRANSPORTES EN AUTOCARES (ANETRA) O PRIMEIRO DÍA DESTE CERTAME, O CAL SE CELEBRARÁ DO 20 AO 22 DE NOVEMBRO NO RECINTO FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA
  • CONTARÁ COA PARTICIPACIÓN DA DIRECTORA XERAL DE TRANSPORTE POR ESTRADA E FERROCARRIL DO MINISTERIO DE TRANSPORTE E MOBILIDADE SOSTIBLE, ELENA MARÍA ATANCE, E DO DIRECTOR DO DEPARTAMENTO DE COORDINACIÓN DE EFICIENCIA ENERXÉTICA NO SECTOR PÚBLICO DO INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA (INEGA), EMÉRITO FREIRE

A IV Feira do Transporte de Viaxeiros por Estrada, ExpoBus Iberia 2025, que se celebrará do 20 ao 22 de novembro na Feira Internacional de Galicia ABANCA, conformará un atractivo espazo para a análise e a transferencia de coñecementos.

Proba diso será o seu interesante programa de conferencias, o cal incluirá o primeiro día a xornada “Certificados de aforro enerxético (CAEs), aplicación no transporte de viaxeiros por estrada”, organizado pola Asociación Nacional de Empresarios de Transportes en Autocares (ANETRA).

Este encontro, que será inaugurado polo presidente desta asociación, Luis Ángel Pedrero, comezará co relatorio de Emérito Freire, director do  Departamento de Coordinación de Eficiencia Enerxética no Sector Público do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), quen explicará que son as CAEs.

A continuación, desenvolverase unha mesa redonda sobre as fichas CAEs para transporte, que será moderada por Raúl González, da plataforma Somos Movilidad e contará coa participación de Ignacio Bendala, de MAN Truck & Bus; Juan Blanch, da empresa tecnolóxica ZF; e David Montesinos, de Neumáticos Soledad. Unha vez rematada, presentarase o proxecto “ANETRA – Fichas CAEs para Transporte RUE”, de man de Rodrigo López, head of Origination Energy Efficiency de STX.

A xornada será clausurada pola directora xeral de Transporte por Estrada e Ferrocarril do Ministerio de Transporte e Mobilidade Sostible, Elena María Atance.

Os CAEs

Un Certificado de Aforro Enerxético é un documento que acredita que unha entidade conseguiu un novo aforro de enerxía final equivalente a 1 kWh, logo de realizar unha actuación de eficiencia enerxética. Desta forma, por cada kWh de aforro anual pódese obter 1 CAE.

Conforma un instrumento que permite monetizar os aforros enerxéticos, recuperando parte do custo dos investimentos en eficiencia enerxética, xa que o usuario final pode recibir unha contraprestación se vende CAEs obtidos mediante o Sistema de CAE, no que interveñen o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, así como xestores autonómicos e verificadores independentes.

Publicacións Relacionadas