HomePontevedraOs clubs deportivos de Salceda de Caselas inician unha campaña para demandar ...

Os clubs deportivos de Salceda de Caselas inician unha campaña para demandar  melloras nas instalacións deportivas da Vila. 

- Anuncio -spot_img

A comunidade deportiva de Salceda de Caselas segue medrando a un ritmo imparable,  impulsada polo esforzo constante dos clubs locais e o apoio do Concello. Porén, esta  expansión choca cunha realidade preocupante: a insuficiencia de espazos deportivos  dispoñibles para dar cabida a todos os seus usuarios. 

Actualmente, máis de 600 deportistas deben compartir un único pavillón de titularidade  municipal, dispoñible a tempo completo, e outros dous propiedade da Comunidade de  Montes de Entenza e do IES Pedras Rubias da Xunta de Galicia, dos que se pode facer  uso parcial para adestramentos. 

Isto que provoca graves problemas de xestión horaria. Como resultado, os equipos  vénse obrigados a adestrar simultaneamente na mesma pista, con ata catro conxuntos  compartindo espazo, ademais de atopar dificultades para organizar os encontros de  cada xornada. 

Ante esta situación, os clubs deportivos de Salceda, decidiron tomar medidas e iniciar  unha campaña de recollida de sinaturas. O obxectivo é presentar esta demanda ante a  Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra, xunto cunha solicitude de reunión para expor a magnitude do problema e buscar financiación para unha solución efectiva. 

Na reunión celebrada o pasado día 26 de febreiro, o Concello de Salceda de Caselas  comprometeuse a solicitar o Plan Extraordinario 2025 da Deputación de Pontevedra, dotado con 875.000€ co obxectivo de destinar estes fondos ao proxecto do novo  pavillón, unha infraestrutura esencial para atender a crecente demanda deportiva da  vila. 

Os diferentes Clubs que subscriben esta nota van da man do Concello na solicitude de  colaboración as diferentes administracións. Esta infraestrutura ten un custe moi elevado 

(proxecto valorado en 1.900.000€) e o Concello non pode asumir por si só un novo  Pavillón. 

Dende os clubs deportivos apelamos á colaboración da cidadanía para apoiar esta  iniciativa. Animamos a todas as persoas interesadas a asinar a campaña en Change.org  (porunnovopavillonparasalceda) a través da ligazón dispoñible e a compartila nas súas  redes sociais, familiares e amizades. 

https://www.change.org/porunnovopavillonparasalceda

Xuntos podemos lograr o novo pavillón que Salceda precisa. Gañar xunt@s ou perder  sos.

Publicacións Relacionadas