Home Vigo Nigrán Os comerciantes de Nigrán volven a 'dar a cara' na campaña de...

Os comerciantes de Nigrán volven a ‘dar a cara’ na campaña de Nadal do Concello e Ovalmi

- Anuncio -

Sete novos negocios de sectores tan dispares como unha panadaría, unha granxa artesanal, un espazo creativo, un local hosteleiro, unha perruquería ou dúas marcas de moda inclusiva representarán os novos rostros do comercio local. A eles súmanse outros 6 ‘repetidores’

A súa imaxe será a protagonista de vallas, banners e publicidade dirixida a que a veciñanza consuma no comercio local. Ademáis, en decembro distribuiranse 8.000 bolsas de papel e sobres entre os establecementos co lema ‘Este Nadal Merca en Nigrán’

“O Nadal é unha época de consumo onde podemos amosar o compromiso co noso pobo mercano aquí, pero tamén invitamos á xente de fora a que acuda ao noso municipio porque encontrará de todo e sen maior agobio”, invita o alcalde, Juan González

Os comerciantes de Nigrán volverán a ‘dar a cara’ polo seu municipio un Nadal máis. O Concello de Nigrán e a asociación de empresarios Ovalmi reuniron neste ano a sete novos establecementos de todo tipo na xa clásica campaña #EsteNadalMercaEnNigrán, a eles súmanse tamén outros 6 negocios ‘repetidores’. Ante o éxito de cada ano, o Concello e Ovalmi consolidan a iniciativa nacida no ano 2020 dándolle un xiro ao deseño, xa que agora a imaxe foi tomada no propio establecemento. Así, sete sectores tan dispares como unha panadaría, unha granxa artesanal, un espazo creativo, un local hosteleiro, unha perruquería ou dúas marcas de moda inclusiva serán os principais protagonistas destas festas no municipio tanto en vallas como en redes sociais ou anuncios publicitarios. A maiores, a inicios de Decembro Ovalmi e o Concello distribuirán 8.000 bolsas e sobres de papel kraft co lema #VivoEnNigránComproEnNigrán… O Concello de Nigrán continúa así co seu esforzo para promover o comercio de proximidade entre a veciñanza, tal e como leva facendo durante anos con campañas xenéricas ou en determinadas datas como esta, a Pascua, Día da Nai ou do Pai…

“O Nadal é unha época de consumo onde podemos amosar o compromiso co noso pobo mercando aquí de xeito consciente, pero tamén invitamos á xente de fora a que acuda ao noso municipio porque encontrará de todo e sen maior agobio, tanto para agasallar como para cociñar ou desfrutar” , explica o alcalde, Juan González, quen agradece a Ovalmi a súa total disposición a colaborar con esta iniciativa cada ano.

“Coa campaña queremos, en definitiva, motivar ao consumo local e, a maiores, o Concello incluirá actividades durante todo o Nadal que dinamicen as rúas e, por suposto, tamén o alumeado que inauguramos este sábado axuda porque é algo que tamén da vida ao comercio”, finaliza o alcalde.

Relacionadas

Tui aposta pola eficiencia enerxética renovando as luminarias dos accesos á cidade

0
Co cambio a led deixaranse de emitir 51,46 toneladas de CO2 O Concello de Tui vai proceder ao cambio das luminarias dos accesos á cidade...

O 53% do alumnado do Programa Integrado de Emprego de Ponteareas acadou a inserción...

0
• A Xunta destinou máis de dous millóns de euros en obradoiros e programas de inserción laboral • Cen persoas comezaron hoxe o segundo Programa...

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

BlackBird Barber Concept brilla nos Premios SOYBARBUDO e fai historia na Barber League

0
A barbaría porriñesa fíxose con tres estrelas no reputado circuíto nacional SoyBarbudo, que destaca as mellores do paísIgor Drodzov alzouse co premio ao Mellor...

Publicacións Relacionadas