HomePontevedraCaldasOs concelleiros Adrián Fernández-Albor e María José García, a mestra Andrea Domínguez...

Os concelleiros Adrián Fernández-Albor e María José García, a mestra Andrea Domínguez e a presidenta da ANPA Mercedes Campos completan os postos de saída na candidatura do PP de Moraña

- Anuncio -spot_img

• O edil e farmacéutico residente en Santa Lucía ocupará o cuarto posto da lista, mentres que a concelleira de Rebón, con formación de auxiliar administrativa e traballando no sector da restauración, situarase no quinto posto do equipo liderado por Sito Gómez.


• A profesora do CPI Santa Lucía Andrea Domínguez, nada en Saiáns pero residente en Amil, ocupará o sexto posto, mentres que Mercedes Campos, gran afeccionada ao atletismo e que dirixe a Asociación de Nais e Pais do colexio de Moraña, será a sétima da candidatura.

Os concelleiros de Moraña Adrián Fernández-Albor e María José García Sueiro, a mestra Andrea Domínguez Búa e a presidenta da Anpa do CPI Plurilingüe Santa Lucía, Mercedes Campos Eirín, completarán os sete postos de saída da candidatura do PP de Moraña, xa que son as actas de concelleiros que actualmente ostentan os populares, de cara as eleccións municipais do vindeiro 28 de maio.

A parte alta da lista do PP de Moraña foi anunciada na xornada de hoxe polo candidato á Alcaldía, Sito Gómez, nun encontro con todos eles na zona deportiva de Santa Lucía e amosou a súa confianza en que “revalidaremos con forza a maioría absoluta e todos eles convertiranse en concelleiros e configurarán un magnífica equipo de goberno para atender do mellor xeito aos veciños de Moraña”.

Cómpre lembrar que o alcaldable xa anunciara con anterioridade que a ex alcaldesa e actual directora-xerente do Seaga, Luisa Piñeiro, ocupará o segundo posto da candidatura e se postula como tenente de alcalde en caso de revalidar a maioría absoluta, mentres que Alberto Caldas, xerente dunha empresa de automoción e veciño de Gargantáns que se estrea en política, situarase no terceiro posto.

En canto ao resto de membros da candidatura, o concelleiro Adrián Fernández-Albor, veciño de Santa Lucía de 45 anos e farmacéutico na vila, será o cuarto da lista, mentres que a tamén edil María José García Sueiro, que traballa no sector da restauración, situarase na quinta praza.

A continuación, a mestra Andrea Domínguez Búa, con praza no CPI Santa Lucía, será a sexta da candidatura liderada por Sito Gómez. Naceu na parroquia de Saiáns malia que actualmente reside en Amil e sempre tivo un elevado grao de implicación na vida de Moraña, posto que foi a artífice da posta en marcha das escolas deportivas e dos cursos para a obtención do título de ESO para persoas adultas.

Finalmente, no sétimo lugar estará unha das novidades da candidatura: Mercedes Campos Eirín, de 45 anos, nada en Rebón pero residente en Santa Lucía. Esta muller, moi afeccionada ao atletismo, é diplomada en Maxisterio e preside a Anpa do colexio público.

“Temos unha grandísima candidatura en todos os seus postos, pero especialmente nos de saída, que son fundamentais e cos que temos unha gran responsabilidade á hora de acertar, posto que son os que configurarán o vindeiro goberno e teñen que ser os mellores para atender perfectamente aos veciños de Moraña”, manifestou Sito Gómez, que quixo agradecer a “implicación, colaboración desinteresada e compromiso” destas seis persoas por aceptar o convite a integrarse na candidatura e, sobre todo, por querer traballar polo interese xeral dos morañeses.

Publicacións Relacionadas