Home Pontevedra Os concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño clausuran o...

Os concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño clausuran o seu obradoiro de emprego “Sustentable”

- Anuncio -

As alcaldesas dos concellos de Salceda de Caselas, Verónica Tourón, e de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, clausuraron este venres 22 de xullo o obradoiro de emprego “Sustentable”, acompañadas de Juan Pedrosa, Xefe de Servizo de formación e Orientación da Xunta de Galicia en Vigo, e da directora do obradoiro Ana Gómez Gómez, que conduciu o acto.

O obradoiro Sustentable empregou a 20 persoas dos dous concellos, e contou con dúas actuacións, unha na especialidade de Servizo de limpeza e xestión de residuos urbanos, no que se realizaron tarefas de limpeza e mantemento de superficies e mobiliario en edificios e locais municipais, e outra actuación na especialidade de Forestal, no que se puxo en valor o parque forestal Monte Castelo, na parroquia de Pesqueiras, no Concello de Salvaterra.

O obradoiro formou a 10 persoas no ámbito da limpeza, nos certificados de profesionalidade SEAG0209 Limpeza en espazos abertos e instalacións industriais, e SEAG0108 Xestión de residuos urbanos e industriais e a outras 10 persoas no ámbito forestal nos certificados AGAR0108 Aproveitamentos forestais, AGAR0309 Actividades Auxiliares en conservación e Mellora de Montes e (AGAR0209) Actividades auxiliares en Aproveitamentos Forestais.
Para levar a cabo o proxecto contratouse persoal directivo, docente e de apoio, en total cinco profesionais, que xestionaron e executaron o proxecto dende o propio CDL O Torrón en Salceda, levando a cabo a primeira etapa do proxecto que foi a formativa, complementada cunha segunda etapa de alternancia de traballo e práctica profesional nos dous concellos, para así recibir unha formación profesional adecuada á ocupación elixida.

Juan Pedrosa, Xefe de Servizo de Formación e Orientación da Delegación de Vigo: ”Agradecer ao alumnado participante no obradoiro o seu esforzo na adquisición de destrezas e habilidades relacionadas coas súas especialidades formativas porque os traballos que realizaron en cada un dos concellos revertiron de forma moi beneficiosa na cidadanía de cada un deles, sendo esta a liña na que quere seguir traballando a Xunta de Galicia coa realización destes obradoiros ”

Marta Valcárcel, alcaldesa de Salvaterra de Miño. “Agradecer ao alumnado participante no obradoiro o seu duro e magnífico traballo no entorno do Parque Forestal de Monte Castelo, a través da colaboración acadada coa Comunidade de Montes, e salientar que o concello De Salvaterra de Miño quere continuar nesta liña de traballo coa solicitude dun novo obradoiro de emprego para este ano”.

Verónica Tourón, alcaldesa de Salceda de Caselas e concelleira de emprego e formación. “Quero agradecer ao alumnado traballador participante o seu traballo e o seu esforzo por adquirir coñecementos e a todo o persoal técnico por realizar unha gran labor para que obradoiro se desenvolvese con total normalidade. Dende o concello de Salceda queremos seguir apostando polas políticas activas de emprego como ferramenta fundamental para mellorar a calidade de vida das persoas”.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas