Os Concellos de Vila de Cruces,Touro, Vedra e Boqueixón, promoveron os seus recursos turísticos, culturais e empresariais vencellados cos Camiños de Santiago na cuarta edición
do Fairway, que tivo lugar do 7e terminou hoxe 9 de novembro no Pazo de Congresos de Santiago.
No expositor conxunto, os catro municipios aproveitaron para dar a coñecer as amplas posibilidades que poden ofrecer ás persoas que acoden a Compostela a través de calquera dos itinerarios xacobeos. Áreas naturais e recreativas, patrimonio cultural, histórico e artístico, comercio de proximidade e de calidade son só algunhas das propostas que se puxeron ao alcance das persoas que visitaron Fairway, coa Festa do Galo como principal protagonista.
O tenente de alcalde de Vila de Cruces, Julio López, pechou hoxe este evento de oferta turística, no que o longo do día pasaron centos de persoas polo stand, Julio López saíu moi satisfeito o comprobar persoalmente, a boa aceptación que ten por parte da xente o turismo de interior, e xa está a pensar na posibilidade de poder acudir a outras feiras para promocionar o concello, mesmo valora a posibilidade de acudir a FITUR, sempre que poida ir da man da Xunta de Galicia ou ben da Deputación de Pontevedra.