Home Pontevedra Deza Os concursos de gando frisón de Abanca Cimag-GandAgro volverán converter esta feira...

Os concursos de gando frisón de Abanca Cimag-GandAgro volverán converter esta feira nun referente para a raza do 2 ao 4 de marzo

- Anuncio -

• LEVARANSE A CABO O XXXI CONCURSO AUTONÓMICO E O XXXVI OPEN INTERNACIONAL, ADEMAIS DO XXXVI CONCURSO DE XÓVENES MANEXADORES E O XIV CONCURSO DE PREPARADORES DE GANDO

• ESTÁ ABERTA A INSCRIPCIÓN PARA PARTICIPAR NESTAS CITAS, PODENDO CONSULTAR AS BASES NA WEB DA FEDERACIÓN FRISONA GALEGA E NA DO PROPIO CERTAME

A IV Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Abanca Cimag-GandAgro, a cal se celebrará do 2 ao 4 de marzo na Feira Internacional de Galicia ABANCA, volverá converterse nun referente para a raza frisoa a través da celebración dos seus concursos.

Organizados pola Federación Frisona Galega (Fefriga) coa colaboración da Fundación Semana Verde de Galicia, terán como eixos principais os concursos morfolóxicos, os cales se levarán a cabo o 4 de marzo. Estes serán o Concurso Autonómico da Raza Frisoa FEFRIGA, o cal cumpre a súa trixésima primeira edición, e o Open Internacional da Raza Frisoa GandAgro, que non se celebraba desde 2019, cando tamén tivera lugar no marco deste certame, e que chega á súa trixésima sexta edición.

Os exemplares participantes competirán polos títulos de Campioa de Galicia e Campioa Internacional (en función do concurso) nas categorías de becerra, xovenca, vaca xoven, vaca intermedia e vaca adulta; e polo de Gran Campioa de Galicia e Gran Campioa Internacional (segundo o concurso) nas de xovenca e vaca. Tamén se recoñecerá ao Mellor Criador Autonómico e Mellor Criador Internacional tanto absoluto como de xovencas, ademais de Mellor Gandería de Nova Participación.

A estes certames sumarase, tamén de man de Fefriga, o venres 3 de marzo, o XXXVI Concurso Internacional de Xóvenes Manexadores “Memorial Luís Louzao”, no cal os gandeiros máis novos demostrarán a súa habilidade na presentación en pista dos animais. Engadirase, o mesmo día, o XIV Concurso Internacional de Xóvenes Preparadores de Gando GandAgro´23, no que os participantes mostrarán a súa destreza preparando ao gando que logo se presentará en pista.

O prazo de inscrición para participar nestes concursos xa está aberto, finalizando o día 23 de xaneiro. A súa documentación está dispoñible tanto na páxina web de Fefriga como da propia feira.

Estas competicións, que contan con Xenética Fontao como un dos seus patrocinadores principais e que comezarán a recibir xa aos participantes o 2 de marzo, converteranse en punto de encontro da mellor cabana bovina tanto galega como de fóra da comunidade.

Reunión do seu comité organizador

Co obxectivo de seguir avanzando na organización destes concursos, o comité organizador dos concursos de frisón reuniuse a finais da semana pasada na Feira Internacional de Galicia ABANCA.

Os seus membros seguirán traballando nas próximas semanas para que estes concursos cumpran ao máximo coa súa finalidade, que se traduce en estimular aos gandeiros na cría de animais de alta calidade xenética como medio de rendibilizar as súas explotacións e orientalos sobre as tendencias actuais de selección, ademais de poñer de manifesto o alto nivel xenético e morfolóxico dos seus animais.

Relacionadas

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Sandra Bastos asiste na Estrada ao faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas” centrado en...

0
A escritora estradense Avelina Valladares foi a protagonista, da man da xornalista e investigadora Laura Filloy, do cuarto faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas”...

Luis López sinala as máis de 2.000 atencións a case 500 empresas do programa...

0
O presidente provincial foi o encargado de entregar un dos galardóns na décimo terceira Gala do Premio Joven Empresario e Iniciativa Empresarial organizada por...

O Concello de Redondela solicita á consellería do Medio Rural a xestión da biomasa

0
-O Concello de Redondela solicitou o pasado mes de marzo á Dirección Xeral de Defesa do Monte as inspeccións oportunas nas faixas secundarias de...

Récord de participación no X Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade

0
Celebrarase sábado e domingo no pavillón de deportes de Valença con máis de 400 persoas en competición en cada xornada. A Eurocidade confírmase coma...

A mocidade tomiñesa apúntase aos bailes de serán

0
A OMIX de Tomiño organiza un obradoiro no que aprender as primeiras nocións do baile popular galego A mocidade tomiñesa lánzase a bailar. A OMIX...

Publicacións Relacionadas