Home Vigo O Porriño Os dez de ACEESCA: “Queremos vivir nunha sociedade na que a diversidade...

Os dez de ACEESCA: “Queremos vivir nunha sociedade na que a diversidade sexa sinónimo de oportunidades para todos e todas”

- Anuncio -

● Centos de escolares, usuarios/as de centros de día e Afaga conmemoraron con Aceesca o Día Internacional das Persoas con Diversidade

O Porriño reivindicou hoxe un futuro onde a diversidade sexa o motor dunha sociedade xusta e inclusiva. Da man de Aceesca e secundando o movemento “Baixo o mesmo paraugas” a vila conmemorou o Día Internacional das Persoas con Diversidade.


A xornada comezou cunha andaina polo centro da vila á que se sumaron centos de escolares do municipio así como usuarios e usuarias do centro de día e de AFAGA. Xa na praza do Concello celebrouse o tradicional concurso de paraugas. Cada un dos centros participantes decoraron un paraugas reivindicativo e foi un xurado de Aceesca quen outorgou os premios. Desta vez, o gañador foi o do colexio Hermanos Quiroga, seguido do de Aceesca e do colexio Antonio Palacios.


O momento culminante foi a lectura do manifesto de “Os Dez de Porriño”, que expuxo un contundente chamado á acción para derrubar barreiras e garantir os dereitos das persoas con diversidade. O texto foi máis que un discurso; foi unha folla de ruta cara á inclusión plena.
O grupo destacou a necesidade de que as persoas con diversidade sexan escoitadas e respectadas como protagonistas das súas propias vidas. “Esiximos ser protagonistas de nosas propias vidas, con dereito a tomar decisións de forma autónoma e a vivir cunha liberdade que é propia de todas as persoas”, declararon.
No ámbito laboral, o manifesto subliñou a importancia da igualdade de oportunidades e dos apoios necesarios para garantir un emprego digno.
“A accesibilidade universal non é un luxo, é unha necesidade”, salientaron, reivindicando tanto a eliminación de barreiras físicas como o acceso á información e servizos de maneira comprensible para todos.
Os autoxestores fixeron un chamamento á sociedade para que se respecten unha serie de dereitos fundamentais, enumerados no seu manifesto: o dereito á non discriminación, o dereito á familia e a unha vida independente, o dereito ao acceso a unha saúde integral, o dereito á identidade propia, o dereito a unha vivenda digna e accesible e o dereito á liberdade de expresión, pensamento e privacidade.
O manifesto concluíu cunha declaración rotunda: “Queremos vivir nunha sociedade na que a diversidade sexa sinónimo de oportunidades para todos e todas”.

A concelleira de Política Social, Teresa Veloso, salientou que “a atención á diversidade non se pode quedar nunha celebración anual de reivindicación, para nós é unha cuestión trasversal na política municipal, co obxectivo de facer a todas as persoas partícipes da nosa sociedade, facilitando o seu acceso e habilitando espazos nos que poidan desenvolver todas as súas capacidades”.


O alcalde, Alejandro Lorenzo, foi o encargado de clausurar o acto reivindicando a diversidade como “algo esencialmente humano que debemos celebrar”. O rexedor lembrou que “non importa como somos ou como nos expresemos, baixo este paraugas compartimos o máis importante, o dereito a ser quen somos”. Lorenzo incidiu na necesidade de asegurar que ninguén quede atrás e comprometeuse a loitar con eles “por unha sociedade inclusiva, onde educación, cultura, emprego e participación sexan accesibles para todas e todos”. O rexedor agradeceu a “as persoas que forman Aceesca por lembrarnos que aínda que teñamos diferentes capacidades os nosos soños e o dereito a facelos realidade deben ser iguais para todos”.

Relacionadas

Tui aposta pola eficiencia enerxética renovando as luminarias dos accesos á cidade

0
Co cambio a led deixaranse de emitir 51,46 toneladas de CO2 O Concello de Tui vai proceder ao cambio das luminarias dos accesos á cidade...

O 53% do alumnado do Programa Integrado de Emprego de Ponteareas acadou a inserción...

0
• A Xunta destinou máis de dous millóns de euros en obradoiros e programas de inserción laboral • Cen persoas comezaron hoxe o segundo Programa...

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

BlackBird Barber Concept brilla nos Premios SOYBARBUDO e fai historia na Barber League

0
A barbaría porriñesa fíxose con tres estrelas no reputado circuíto nacional SoyBarbudo, que destaca as mellores do paísIgor Drodzov alzouse co premio ao Mellor...

Publicacións Relacionadas