- Máis de 30 alumnos de CPI Curros Enríquez participaron nun taller interactivo sobre a súa reciclaxe e reutilización
- Máis de 30 alumnos de primaria de Pazos de Borbén participaron onte nun taller interactivo sobre os problemas que o uso inadecuado dos plásticos ocasiona nas persoas e no medioambiente. A iniciativa estaba impulsada pola Concellería de Educación do Concello de Pazos de Borbén con motivo do Día Internacional do Medio Ambiente.
- A actividade comezou cunha charla no auditorio da Casa do Concello onde se introduciu aos pequenos no mundo do plástico expoñendo as súas virtudes, os seus defectos e os problemas que ocasiona a expansión dos microplásticos ao medio ambiente e ás persoas.
A segunda parte da actividade consistía nun taller práctica sobe a identificación dos diferentes tipos de plástico de consumo diario. Ademais, a través dunha trituradora e unha maquina inyectora os pequenos aprenderon a transformar o plástico reciclado en novos obxectos dándolles unha nova vida e evitando o seu desfeito. - A edil de educación, Branca Míguez, participou no taller cos alumnos destacando a súa atención e implicación. “É moi importante que os máis novos teñan conciencia da necesidade de actuar contra o cambio climático e poidan crear hábitos sostibles desde a infancia”, explicou a edil.