Home Vigo Pazos de Borbén Os esoclares de Pazos de Borbén aprenden sobre o patrimonio histórico do...

Os esoclares de Pazos de Borbén aprenden sobre o patrimonio histórico do municipio

- Anuncio -
  • Máis de 30 alumnos de CPI Curros Enríquez participaron nun roteiro pola senda arqueolóxica de Amoedo
  • Máis de 30 alumnos de primaria de Pazos de Borbén participaron esta mañá nun roteiro guiado por un dos maiores xacementos arqueolóxicos do municipio, a senda arqueolóxica de Amoedo. A iniciativa, impulsada pola biblioteca municipal, ten como obxectivo achegar aos máis pequenos á historia do municipio e o seu patrimonio arqueolóxico.

  • Durante o roteiro, de ao redor de 2km de lonxitude, os pequenos coñeceron restos de diferentes épocas históricas, desde o neolítico ata a idade media. Entre eles destaca o foso de lobos de dobre converxencia, unha estrutura única en Galicia que foi catalogada recentemente, aumentando o valor histórico do roteiro. Ademais, os pequenos puideron admirar nove petróglifos da Idade de Bronce e seis mámoas.

  • Para repoñer forzas, despois do roteiro os pequenos gozaron dun xantar por cortesía da comunidade de montes de Amoedo, que entregou a cada mozo unha foto de recordo.

  • A edil da biblioteca, Dores Santoro, destacou o beneficio desta clase de iniciativas para complementar a educación dos pequenos. “Unha cousa é estudar a historia e outra é poder vela e tocala. Ademais, é a mellor maneira de ensinar aos máis novos a valoralo e respectalo”, finalizou a edil.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas