• Cubela manifestou a súa satisfacción polo importante movemento económico que xera a celebración deste evento gastronómico que mantén firme a afluencia de público
Os incondicionais do pepote encheron os establecementos hostaleiros e a Praza da Chan de Carballedo lugar escollido polo Concello de Cerdedo-Cotabade, organizador deste evento, como epicentro da celebración desta festa gastronómica na que se repartiron gratuítamente racións de petote acompañadas de chourizo e cacheira e a boa música da Charanga Charandonga.
A XIII Festa do Petote contou coa colaboración económica da Dirección Xeral de Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Xunta de Galicia e nesta edición unha decena de establecementos hostaleiros uníronse para ofrecer un menú conxunto a base de costela, lacón, chourizo de carne e ceboleiro, patacas, verdura, cacheira, petote e postre a un prezo común de 23 euros por persoa.
O alcalde, Jorge Cubela, valorou moi positivamente a celebración desta festa de exaltación gastronómica do petote “que demostrou unha vez máis que pese ás malas condicións metereolóxicas de onte que desanimou a moita xente e a coincidencia con outro eventos segue contando con seguidores incondicionais que se achegaron ata a decena de establecementos hostaleiros do municipio para degustar un bo cocido con petote e tamén aquí, na Praza da Chan de Carballedo onde a carpa estivo ateigada de público para dar boa conta do petote, os chourizos e a cacheira preparada magníficamente polos nosos colaboradores”.
Jorge Cubela estivo acompañado durante a degustación gratuíta ofrecida polo Concello de Cerdedo-Cotobade, polos tenentes de alcalde Fernando Vázquez e Lourdes Ovelleiro, o concelleiro Pepe Pichel, a concelleira Galiza Aguete e membros da Corporación Municipal que tamén asistiron e participaron do petote e os chourizos postos a disposición do público polas cociñeiras encargadas de preparalos.
A xornada comezou coa animación musical a cargo da Charanga Charandonga, que despertou o interese do púbico compás da súa música ao seu paso polas rúas, deténdose diante dos establecementos onde se concentraba a xente para tomar algo a modo de aperitivo antes de comezar a degustación gratuíta de petote con chourizos ofrecida polo Concello de Cerdedo-Cotobade baixo a carpa instalada na Praza da Chan de Carballedo.
Tras estas actividades de animación e de degustación, o público achegouse ata a decena de restaurantes colaboradores para degustar un menú pechado de cocido de Entroido con petote, bebida e postre a un prezo xenérico e igual para todos de 23 euros por persoa.
Os establecementos hostaleiros colaboradores coa presente edición da Festa do Petote foron: Nesta ocasión participan como establecementos colaboradores os seguintes: Casa Inés (Carballedo-986 760 003), A de Tucho (Augasantas-670 971 785), Casa Blanco (Rebordelo-645 922 995), A Vosa Taberna (Borela-986 763 126), Mesón Casa Perdiz (Aguasantas-986 696 075), Bar Obélix (Tenorio-986 061 000), A Casa de Ángel (Tenorio-674 404 506), Bar Amoedo (San Xurxo-986 762 049) e O Castiñeiro (Pedre-670 434 498).
PROMOCIÓN GASTRÓNÓMICA CON VISIÓN TURÍSTICA E ECONÓMICA
Ao remate da degustación popular do petote con chourizo o alcalde, Jorge Cubela, valorou moi positivamente esta edición da XIII Festa do Petote “xa que respondeu axeitadamente ás expectativas creadas xa que pese a que onte estivo un día moi malo que non animaba a saír da casa e non facer nada, hoxe aínda que nos deu unha tregua o mal tempo e pese a que
había coincidencia de diversas actividades na comarca, a festa cumpriu sobradamente cos seus obxectivos de promocionar gastronomicamente o noso municipio, os establecementos hostaleiros participantes e favorecer a atracción turística e mesmo a dinamización económica a través do fluxo de visitantes que crea este evento. Como sempre dicimos, aspiramos a mellorar e a seguir elevando o listón desta festa”, indicou o alcalde de Cerdedo-Cotobade.



