Home O Morrazo Marín Os Maios volverán florecer en Marín cunha exposición e o tradicional concurso...

Os Maios volverán florecer en Marín cunha exposición e o tradicional concurso do Ateneo Santa Cecilia

- Anuncio -

Xa estamos en maio e non pode faltar esta festividade tan clásica, que desta vez terá tamén unha exposición da presidenta da Asociación Pola Recuperación da Memoria Histórica, Queta Molas. 

Marín entrará no mes de maio pola porta grande e por iso non pode faltar unha das celebracións máis simbólicas de toda Galicia, as festas dos maios. Este inicio da primavera sempre chega á nosa vila da man da asociación cultural “Ateneo Santa Cecilia”, que ten por finalidade o mantemento e promoción da cultura galega a través de exposicións, festas, cursos ou danzas. 

Así, dende o 26 de abril ata o 5 de maio poderá visitarse unha exposición no Museo Torres das coplas dos barcos e carros da festa dos maios de Marín, cedidas pola presidenta da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín, Enriqueta Otero Farto, máis coñecida por “Queta Molas”. 

O 2 de maio ás 20:00 haberá unha charla-coloquio no Museo Manuel Torres onde tratarase a orixe das coplas e da festa dos maios. 

Ás 12:30h terá lugar unha exhibición dos maios na alameda de Marín, onde se verán os distintos tipos de maios e a súa ornamentación. E finalmente ás 17:00h terá lugar o concurso na Praza do Reloxo.

Relacionadas

Mondariz celebra o primeiro Serán das Letras cun roteiro literario e un recital poético

0
Render homenaxe ás letras, concretamente ás galegas, é o obxectivo do I Serán das Letras que o Concello de Mondariz organiza da man de...

O PP de Tomiño lamenta que o goberno local rexeite as accións de ...

0
O PP DE TOMIÑO LAMENTA QUE O GOBERNO LOCAL REXEITE AS  ACCIÓNS DE REFORZO DA SEGURIDADE VIARIA NA RÚA REPÚBLICA  ARXENTINA E ADVIRTE DA...

Tui celebrará o 2 de xuño a I Marcha Ciclista polo Medio Ambiente

0
O domingo, 2 de xuño, terá lugar a I Marcha Ciclista polo Medio Ambiente organizada polo Concello de Tui. Esta actividade forma parte do...

A Xunta e o Concello de Barro estudan o proxecto para instalar unha nova...

0
A Xunta de Galicia e o Concello de Barro estudaron a posibilidade de instalar unha nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) na localidade. Nunha...

Luis López sinala o investimento de 770.000 euros para mellorar a mobilidade entre Baión...

0
O presidente provincial, acompañado polos deputados Isabel Couselo e Javier Tourís e o alcalde Gonzalo Durán, presenta á veciñanza deste Concello o proxecto para...

Cuntis aproba o reparto de axudas nomintivas a un total de 14 entidades...

0
• Esta contía, aprobada grazas aos votos a favor do PSdeG-PSOE e coa abstención do Partido Popular e do BNG, supón un incremento  do...

Publicacións Relacionadas