Home Pontevedra A Lama Os nenos e nenas da Lama coñeceron outros mundos a través da...

Os nenos e nenas da Lama coñeceron outros mundos a través da imaxinación e as Viaxes de Irene

- Anuncio -

Esta iniciativa cultural forma parte da campaña de dinamización lectora da Xunta “Ler conta moito”, da Rede Galega de Bibliotecas

Os cativos da Lama viaxaron coa imaxinación ata Guatemala guiados polos “Contos do Mundo: As Viaxes de Irene”, un contacontos realizado por Solidariedade Internacional de Galicia que chegou ata este municipio dentro das actividades que forman parte da campaña de dinamización lectora da Xunta de Galicia “Ler conta moito”, da Rede Galega de Bibliotecas, en colaboración co Concello da Lama.

As nenas e nenos, da man de Irene e cos cinco sentidos (oído, olfacto, vista, gusto e tacto), achegaráronse á cultura doutros países, neste caso Guatemala. Países que teñen paisaxes, fauna e flora diferentes aos nosos. Países no que hai mulleres e homes que falan linguas distintas e viven de forma diferente á nosa, e están desesando mostrarnos cantos lugares do mundo temos por descubrir.

“Contos do mundo” é unha proposta educativa que pretende achegar as nenas e nenos galegos outras culturas e realidades diferentes a través de contos e lendas tradiccionais de distintos países. Deste xeito, ponse en valor a riqueza cultural e foméntase unha mirada positiva cara ao diferente.

Relacionadas

A concello abre o prazo de inscrición para participar no XXXIX Festival dos Maios

0
Organiza este concurso, dotado con 300 euros en premios, en colaboración coa asociación de veciños Santa Columba de Bértola O Concello de Vilaboa convoca a...

A Biblioteca Pública de Baiona consolídase como un referente

0
A Biblioteca Pública continúa celebrando o mes do libro con novas adquisicións tanto para adultos como para nenos, mantendo o seu compromiso de actualizar...

O Erizana C.F. asegura o ascenso a Primeira Galicia

0
O Erizana Club de Fútbol logrou asegurar o seu ascenso a Primeira Galicia tras unha destacada vitoria a domicilio fronte ao Vila do Corpus,...

Luis López traslada ao alcalde de Vilanova que a Deputación ultima o proxecto da...

0
O presidente provincial, acompañado polo deputado Javier Tourís, mantivo unha reunión co rexedor vilanovés para abordar asuntos de interese mutuo para as dúas institucións O...

Literatura, flores e música na Feira do Libro de Segunda Man do Rosal

0
Celebrarase este domingo 21 de abril na Praza do Calvario de 11.00 a 20.00 horas O Rosal prepárase para conmemorar o Día do Libro por...

O BNG inicia unha ofensiva institucional para a cesión das vivendas da Sareb a...

0
A fronte nacionalista traslada iniciativas no Concello, no Parlamento galego e no Congreso para que o ‘banco malo’ destine os centos de inmóbeis que...

Publicacións Relacionadas