HomePontevedraBaixo MiñoOs obradoiros de primavera do Rosal baixan o pano con agulla e...

Os obradoiros de primavera do Rosal baixan o pano con agulla e fío

- Anuncio -spot_img

O Concello organiza un taller de iniciación á costura guiado por Vicky, de Confecciona Academia

Será o sábado 21 de xuño ás 10 h na nave do Obradoiro da Mata, con prazas limitadas e inscrición previa

Un pantalón vello pode converterse nun obxecto único e funcional nas mans axeitadas. Así o demostrará o último dos obradoiros de primavera do Rosal, que despiden esta nova edición cun taller de iniciación á costura, unha proposta que mestura aprendizaxe, reciclaxe e creatividade.

O taller impartirase o vindeiro sábado 21 de xuño, no que a partir das 10 na nave do Obradoiro da Mata Vicky de Confecciona Academia guiará ás persoas participantes para crear a súa propia totebag a partir dun pantalón vaqueiro reutilizado. O taller, de 3 horas de duración, está dirixido tanto a persoas con curiosidade pola costura como a quen quere iniciarse, polo que non son necesarios coñecementos previos.

“As actividades creativas como esta non son só espazos de aprendizaxe, son lugares de encontro, de economía circular e mesmo de autocoidado. Dende o Concello seguimos apostando por propostas que fomenten a sostibilidade, a segunda vida aos obxectos e a formación práctica para todas as idades”, sinala o concelleiro de Xuventude, Alejandro González.

As persoas interesadas en participar deberán levar dous pantalóns vaqueiros usado, fío de coser a máquina ao seu gusto e a súa propia máquina de coser, mentres que o resto de materiais (agullas para coser a man, tiza para teas ou bolígrafo que borra con calor, fío de coser, alfinetes, tesoiras para tea e cinta métrica) serán facilitados pola propia organización.

O curso terá un máximo de 8 prazas e un custo de 16 euros. Está aberto a todas as idades, aínda que terán prioridade as persoas menores de 30 anos. As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición enchendo o formulario dispoñible.

Publicacións Relacionadas