Home Pontevedra O Condado Os orzamentos do tripartito PP, ACIP, IP prexudican ás mulleres, aos mozos,...

Os orzamentos do tripartito PP, ACIP, IP prexudican ás mulleres, aos mozos, aos colectivos sociais e as persoas máis desfavorecidas, mentres contratan por 20.000€ un asesor a dedo.

- Anuncio -

O Partido Socialista votou hoxe en contra duns orzamentos que non destinan nin un só euro para programas de igualdade tan necesarios para todos e todas, e especialmente para os máis mozos. “Sen prevención e sen accións non é posible erradicar os comportamentos machistas e lograr a igualdade na sociedade. É preciso que todas as administracións contribúan e Ponteareas renuncia a isto”, afirman dende o PSOE. A voceira municipal, a Sra. Fernández pediu explicacións no pleno pero ningún grupo do goberno foi quen de explicar a falta de apoio á igualdade.

Os recortes non só teñen lugar en igualdade senón tamén en emerxencia social ou na partida destinada ao reparto de alimentos que é insuficiente cos datos presentados da liquidación en curso. Lamenta o Partido Socialista os escasos 500 euros cos que conta o programa de protección da saúde pública, tan importante sobre todo para a nosa xuventude. Báixase o montante total de gasto corrente na escola infantil, en ensino, en normalización lingüística ou na biblioteca e museo.

O orzamento que presentou hoxe no pleno o PP incrementa os ingresos a través da subida de impostos como o ICIO que o anterior goberno rebaixara a un 2.75% e que agora se incrementa nun 45% para os veciños e veciñas da vila porque este imposto será gratuíto para a Xunta de Galicia. Tamén no capítulo de ingresos preténdese gravar á hostalaría nun 600% o que motivou o rexeitamento do Partido Socialista.

A voceira municipal socialista indicou que a partida destinada a gratificacións do persoal resulta escasa e que lle preocupa a reordenación que está prevista xa que non se pode asegurar o cumprimento de funcións marcado pola RPT en vigor.

O Partido Socialista sinala que estes orzamentos amosan especialmente a ideoloxía do goberno tripartito nas subvencións, xa que non teñen nin por asomo o grado de especificación e transparencia que as subvencións outorgadas nos pasados oito anos de goberno progresista. O orzamento que se trasladou á oposición non contaba con subvención á asociación Avelaíña, nin a asociacións de interese social municipal nin a asociacións de veciños. Tras unha emenda presentada o pasado día 14 de novembro o actual goberno de Ponteareas incluíu no orzamento a subvención á asociación Avelaíña pero as asociacións de veciños e veciñas terán 0 euros no ano 2024.

O Partido Socialista destacou a posibilidade de avanzar no saneamento grazas á ampliación da depuradora que está acometendo o goberno de Pedro Sánchez e significou a importancia da Plataforma do saneamento de Ribadetea na loita e concienciación da necesidade de ter un concello saneado. Pero lamentou o Partido Socialista que non se contemple nada para vivenda xa que coa aprobación do PXOM, que non foi apoiado nin por PP nin por ACIP, hoxe é posible planificar e investir en vivenda.

O Partido Popular rebaixa á inversión no noso concello en case 2 millóns de euros e o previsto no orzamento ten a súa orixe nas subvencións tramitadas e conseguidas polo goberno da anterior lexislatura formado polo PSOE e o BNG.

Relacionadas

Luis López asiste á presentación oficial do percorrido de La Vuelta para o ano...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou este xoves no acto de presentación oficial do percorrido de La Vuelta 2025 celebrado no...

Mos volta ser protagonista de La Vuelta na súa 80ª edición e cando cumpre...

0
Tras as etapas Mos-Sanabria de 2020 e Sanxenxo-Mos de 2021, o vindeiro ano 2025 a localidade mosense será meta da etapa 16, Poio-Mos, que...

Novo trazado proxecto no túnel Autovía Vigo-Porriño

0
-         Nidia Arévalo esixe de novo a gratuidade da AP-9 e que se recupere o trazado do proxecto en túnel que figura no PXOM mosense -         A...

A Deputación e o Clúster de Turismo fomentan entre os axentes turísticos o coñecemento...

0
“Cremos que é fundamental establecer estruturas de traballo que permitan que toda a cadea de valor do turismo en Galicia configure unha rede de...

O Concello de Portas métese de cheo no Nadal coa entrega de premios do...

0
O alcalde Ricardo Martínez aproveitará estes actos da fin de semana para felicitarlle as festas á veciñanza O concello de Portas vivirá unha fin de...

A Deputación visita en Poio a estrada provincial EP-0601 Portosanto-Campelo-PO-308 na que se investirán...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, e o alcalde de Poio, Ángel Moldes, visitaron a zona na que, entre outras actuacións, se executará...

Publicacións Relacionadas