• Será o sábado 18, a partir das 18:30 h, no Centro Cultural Municipal
A compañía Atrezo Teatro presenta tres pezas no Porriño polo Día Mundial do Teatro, baixo o título de Pequeatrezos. As tres obras son “Caperu e Branca desmitificando os contos”, “O milagre do Nadal” e “A propietaria”.
A función será este sábado 18 no Centro Cultural Municipal e dará comezo ás 18:30 h. A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo.



