HomePontevedraOs populares abordan cos sindicatos a situación dos empregados públicos municipais

Os populares abordan cos sindicatos a situación dos empregados públicos municipais

- Anuncio -spot_img

• O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, acompañado da concelleira Pepa Pardo, avaliou coa totalidade dos representantes dos traballadores municipais a política de persoal levada a cabo polo Concello

• No encontro tratáronse diferentes temas laborais, como a falta de persoal nalgúns corpos, como o de Bombeiros, pero tamén a vulneración de dereitos tan esenciais como a conciliación

O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, acompañado da concelleira Pepa Pardo, reuniuse este martes cos representantes dos traballadores municipais. O encontro centrouse en analizar a actual situación dos empregados do Concello, que rexeitan sen excepción a política de persoal que leva a cabo a concelleira de Persoal, Carme Fouces, e por extensión, ao alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores.

“O Concello non quere solucionar unha situación que só require de vontade política. Na actualidade, preocúpanos seriamente a carga de traballo á que están sometidos dous corpos municipais fundamentais, como son os Bombeiros e a Policía Local. Non só falamos de condicións salariais, referímonos tamén ao escaso número de efectivos de ambos os corpos”, explicou a popular. Ademais, tratouse a vulneración de dereitos tan “esenciais” como a conciliación.

Os asistentes emprazáronse a seguintes encontros, o que para Pardo “é fundamental para manter unha comunicación fluída e estar ao tanto da situación de todos os traballadores do Concello”.

A reunión contou coa presenza de toda a Xunta de Persoal do Concello, integrada por CIGA, CSIF, UXT, CCOO, SPPME e AFUMPO.

Publicacións Relacionadas