Home Pontevedra Caldas Os Populares de Caldas de Reis e de Catoira esiximos a Deputación...

Os Populares de Caldas de Reis e de Catoira esiximos a Deputación de Pontevedra, a súa Presidenta e o Ministerio de Fomento o cumprimento dos compromisos asumidos de mellora da seguridade viaria de conectividade da estrada provincial Caldas de Reis-Catoira EP8001

- Anuncio -

Fernando Pérez considera que “A seguridade dos condutores debe ser prioritaria con feitos e non palabrería nunha estrada cualificada como das mais perigosas de Galicia e na que a Deputación de Pontevedra mira cara outro lado en lugar de actuar urxentemente”

“A Presidenta da Deputación comprometeuse persoalmente o 27/9/2017, en visita a esta estrada, a construír unha rotonda para mellorar o enlace de este vieiro ca AP9, e 4 anos despois seguimos sen saber nada”.

Ivan Caamaño indica que “Os accidentes son continuos, recentemente faleceu un garda civil de Tráfico e nestes últimos días Protección Civil de Catoira tivo que actuar varias veces, estamos a falar dun punto negro en Galicia con un tramo de 4,5 Km de concentración de accidentes sinalizado”.

Todos os concelleiros dos grupos municipais de Catoira e Caldas de Reis veñen tamén a reiterar a demanda de completar o nudo da AP9 en Carracedo que conecta con esta estrada.

“Hoxe presentamos unha moción para que o Pleno de Caldas de Reis e de Catoira tomen consideración sobre esta situación, e tratando de buscar solucións urxentes de futuro”

Os Populares de Caldas de Reis e Catoira queren reiterar que é necesaria unha actuación urxente de mellora nesta estrada que xa arrastra un retraso considerable e que non pode esperar mais, así como o cumprimento dos compromisos asumidos pola Deputación de Pontevedra é, en concreto, pola súa Presidenta en visita persoal.

Caldas de Reis e Catoira non poden ser concellos cómplices de que a Deputación de Pontevedra sexa titular dunha estrada con un tramo de 4,5 kilómetros de concentración de accidentes e por elo, dun punto negro coñecido en toda Galicia, a Deputación non se pode por de perfil neste tema, ten a obriga de actuar xa, non se pode dicir nos periódicos que a súa prioridade e a seguridade dos cidadáns nas estradas e vías e logo se propietaria dunha estrada na que, desgraciadamente, ocorren graves accidentes todos os días.

Ademais en setembro de 2017, fai agora 4 anos, a Presidente en visita persoal a estra estrada comprometeuse a construcción dunha rotonda no entronque ca AP9 e a día de hoxe seguimos igual, cun cruce perigoso e sen unha rotonda fundamental para os veciños e para varias industrias moi importantes. Os compromisos teñen que cumprirse.

No ano 2019 Ivan Caamaño e Fernando Pérez reclamamos que o Ministerio de Fomento completase o nudo da AP9 en Carracedo, conectado con esta estrada da Deputación, porque é fundamental para Caldas de Reis e Catoira e moitos outros concellos da zona, e a día de hoxe, pese a ser unha demanda aprobada incluso polo Pleno de Caldas de Reis por unanimidade, segue sen poñerse en marcha, e por elo toca esixir que se complete este enlace xa.

Relacionadas

Luís Bará demanda a cobertura a tempo completo da praza de pediatra das nenas...

0
O BNG leva ao Parlamento galego a demanda de solucións ao deterioro da atención pediátrica na comarca de Pontevedra O BNG, a través dos deputados...

A Deputación destina preto de medio millón de euros ao impulso da cultura e...

0
A Xunta de Goberno aproba as bases das axudas aos festivais musicais e de artes escénicas e ás actividades de dinamización lingüística en concellos...

Os escolares celebran cun concerto de Brais Morán a clausura do programa “Semaniña enteira”

0
Máis de 300 escolares de diferentes institutos de Redondela asistiron hoxe ao concerto de Brais Morán & Nasaufunk organizado polo departamento de Normalización Lingüística...

As podas chegan á oliveira da Oliva, ás camelias de García Camba, aos ficus...

0
Tamén se están a podar tres exemplares de plátanos da avenida de Bos Aires, fronte ao Centro de educación de adultos porque están secos...

Luis López dá a benvida a Belén Cachafeiro ao goberno provincial, no que María...

0
A nova deputada, que ocupa o lugar deixado por Jose López, asume a xestión de Fondos Europeos, Innovación e Axenda Dixital “Con estes axustes queda...

O concello de Nigrán cobre a capacidade de inscricións para o camiño ‘5 Miradoiros’...

0
A proba que combina deporte, natureza e vistas espectaculares reúne a un 35% de participantes femininas, unha porcentaxe moi alta neste tipo de competicións O...

Publicacións Relacionadas