HomePontevedraOs populares de Pontevedra destacan o récord histórico de investimento da Xunta...

Os populares de Pontevedra destacan o récord histórico de investimento da Xunta de Galicia na cidade, cunhas contas “sociais centradas en sanidade e educación”

- Anuncio -spot_img

O presidente do PP de Pontevedra, Rafa Domínguez, acompañado pola deputada Lupe Murillo, sinalou que os orzamentos autonómicos para a cidade crecen un 14%, “centrados en proxectos como o Gran Montecelo”

Murillo subliñou a importancia dunhas contas dedicadas “á mellora dos servizos públicos e da vida as familias pontevedresas”: “Cabe destacar que o máximo investimento galego en material sanitario vai ser para o CHOP”

O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, acompañado pola deputada autonómica Lupe Murillo, analizou este venres os investimentos para Pontevedra incluídas nos Orzamentos para o 2023 da Xunta de Galicia. Trátase, explicou a popular, do récord histórico de investimento por parte do Goberno autonómico, que aumenta nun 14% a contía con respecto ao exercicio anterior, superando os 88 millóns.

Murillo destacou a importancia que ten o Gran Montecelo nestas contas, con case 64 millóns de euros, “un impulso fundamental para a sanidade pública na nosa cidade”. Ademais, dedicaranse outros nove millóns para equipamento sanitario do CHOP, “a máis alto investimento galego en material nestes orzamentos”. “É un investimento importantísima, unha aposta do presidente Rueda. Creo que esta vai ser a lexislatura da nosa cidade, cun presidente pontevedrés á cabeza”, argumentou.

Pola súa banda, Domínguez cualificou como “profundamente sociais estes orzamentos, centrados na sanidade e a educación, con proxectos consolidados como o Gran Montecelo ou a rehabilitación integral do IES Valle Inclán”. O popular fixo un percorrido polos 20 principais proxectos da Xunta para a cidade, prestando espacial atención aqueles “que apostan pola sanidade, a seguridade viaria, o saneamento, os servizos sociais, a educación, a vivenda e o deporte”.

En particular, Domínguez destacou a importancia da modernización da residencia de Campolongo, de 4 millóns de euros, a mellora do centro Avelino Montero, un millón, ou o punto de encontro familiar, 300.000 euros. “Son infraestruturas que merecían coidado e congratúlanos que se lles preste a atención apropiada”, explicou.

Ademais, o popular subliñou a necesidade de actuacións que mellorar a seguridade viaria, con 13 millóns de euros para investir na PO-546, na PO-223 e a PO-224.

Publicacións Relacionadas