HomePontevedraOs populares de Pontevedra piden ao Concello o consenso dos veciños para...

Os populares de Pontevedra piden ao Concello o consenso dos veciños para a variante de Alba

- Anuncio -spot_img

O concelleiro do Partido Popular de Pontevedra Pablo Fernández pediu ao Concello que non insista nun proxecto que non conta co aval cidadán

“A única alternativa que apoiaremos é a dun proxecto co consenso cidadán, apoiado polos veciños de Campañó e de Lérez. Queremos ir todos da man e que ésto supoña un beneficio para as parroquias”

O concelleiro do Partido Popular de Pontevedra e responsable de Urbanismo da formación, Pablo Fernández, valorou este luns a última proposta do Concello para a Variante de Alba. Fernández deu a máxima prioridade ao que os veciños das parroquias afectadas teñan que dicir sobre o vial proxectado: “Pedimos que se busque un trazado de consenso cos cidadáns e desde logo non apoiaremos ningún proxecto que non teña o ok dos veciños”. Fernández solicitou xa a proposta completa, que o Concello aínda non presentou á oposición.

Os populares, desde o anuncio, mantiveron diferentes contactos con representantes veciñais para tomar o pulso da situación: “O Concello ten que propoñer un trazado que conte coa aprobación dos veciños. Sen o consenso deles nós non apoiaremos ningún trazado, veña de quen veña”. Os concelleiros do PP xa puxeron en marcha unha serie de encontros para seguir recoñecendo o sentir veciñal in situ.

“Pedimos que se deixe de ir en contra de parroquias como Lérez, Alba ou Campañó. É básico, antes de presentar calquera idea, que polo menos os veciños expresen as súas ideas, xa que ninguén mellor que eles coñece a súa día a día”, recoñeceu Fernández. “Pedimos que o Concello sente e fale cos veciños, e que conte connosco. Que teñan claro que nós tenderemos a man para conseguir un trazado de consenso”, finalizou Fernández.

Publicacións Relacionadas