O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, criticou que as contas municipais “non cobren as demandas dos pontevedreses, e menos en tempo de pandemia”: “Son uns orzamentos continuistas”
O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, acompañado do responsable económico da formación, Gerardo Pérez, rexistrou este luns unha emenda á totalidade aos orzamentos do BNG e do PSOE: “Son as primeiras contas municipais que se presentan en tempos de pandemia, e resulta que esta non se tivo en conta. Son uns orzamentos continuistas, practicamente un curta e pega dos anteriores, nos que non se ten en conta, nin figura, a crise xerada pola COVID19”. Domínguez, ademais, quixo engadir que non se tiveron en conta as medidas presentadas polos populares: “Fomos prolíficos e, por suposto, todas as nosas propostas foron rexeitadas”.
“O documento non recolle axudas directas a autónomos, comercio local e hostalería, como nós presentamos; non conta coa eliminación e exención de taxas que pedimos, que vimos como o PSOE nun primeiro momento valorouna positivamente para daquela ser chamado á orde polo BNG; e non inclúe o incremento do gasto social que solicitamos, para así seguir sendo unha das capitais de España con menor investimento en Servizos Sociais”, ha apuntillado o popular.
En canto ás medidas económicas, Domínguez detallou que as axudas do plan Supera21 reducíronse drasticamente á metade: de 1,25 millóns a 0,6. “É certo que hai un plan de axudas para computadores de colexios, coas que estamos de acordo, pero non son axudas a autónomos comercio local ou hostalería. Por tanto, interprétase que Lores e o PSOE baixan as axudas á metade porque cren é que as empresas están moitísimo mellor. Seguen moi desconectados da realidade social”.
“En canto ás medidas de exención de taxas e impostos, ridículo á parte do PSOE, que dixo que había tiranteces nos Orzamentos por este punto, xa habemos visto que a insensibilidad de Lores gañou a batalla. A submisión dos socialistas é absoluta, e Lores quere seguir cobrando uns impostos por uns servizos que non se prestaron.
O BNG e o PSOE non queren levar a cabo axudas ao comercio local, autónomos ou hostalería, e seguirán cobrando as carísimas taxas”, argumentou o popular.
Sobre os servizos sociais, “o incremento rolda un simple dous por cento”: “É absolutamente vergoñoso, que cando os pontevedreses están a sufrir, están tan necesitados, con comedores sociais cheos e os bancos de alimentos que non dan abasto, é absolutamente incrible que a subida sexa tan ínfima, o que nos mantén na cola do estado. Lores esquécese dos que máis necesitan ao Concello. Iso si, o incremento en instalación de composteiros é do 238%”.
Outros datos que Domínguez quixo lanzar son, por exemplo, é que o Departamento de Intervención do Concello “volve tirar das orellas a Lores e o PSOE, pois só conclúe que só se gastou o 38% do que tiña orzado para investimentos, un gasto absolutamente ridículo”. Ademais, Domínguez incidiu na redución da renda social municipal, cunha caída de case 100.000 euros en 2 anos: “Supoño que é que Lores cre que neste momento a situación económica mellorará e non é necesaria a renda social”.
En canto ao gasto en pandemia, “do que presumían de máis de 5 millóns de euros”, Domínguez, baseándose no informe de Intervención, explicou que o Concello hase gastado 847000 euros en gastos xerados polo coronavirus: “Iso quere dicir que os 5 millóns dos que presumía Mosquera eran outra falacia máis”.
“Outro déficit severo que teñen estes orzamentos é que, no Capítulo de investimentos, só faise referencia a 7 proxectos, con partidas xenéricas. Chámanos poderosamente a atención que sigan orzados 25.000 euros para os terreos da Canicouva, cando o contrato foi extinto, supoño que teñen pensado fai un novo contrato, ou sinceramente poida que sexa un curta e pega. Curta e pega como reservar 7.000 euros para gastos electorais, se cadra Lores sabe algo que nós non sabemos”.
Para terminar, Domínguez puxo en dúbida os 2000 postos de traballo que Lores dixo que crearían estes orzamentos: “A Consellería de Sanidade di que co
investimento de 150 millóns de euros para o Gran Montecelo estímanse que sexan 2800 os
postos de traballo creados. O investimento do Concello de Pontevedra nestes orzamentos, cunha taxa de execución de 38%, serían case 5, aínda incorporando unha parte de remanentes, poñamos que pode chegar aos 20 millóns. Como se crean 2000 empregos con 20 millóns e 2800 con 150?”.
“En definitiva, uns orzamentos que non cobren as demandas dos pontevedreses, e menos nos tempos de pandemia. Lores e o PSOE son os únicos que non se decataron que hai unha pandemia en Pontevedra”, rematou o popular.