HomePontevedraOs populares seguen avaliando a situación das asociacións do ámbito do Benestar...

Os populares seguen avaliando a situación das asociacións do ámbito do Benestar Social e propoñen solucións para paliar o impacto da pandemia

- Anuncio -spot_img

A concelleira do Partido Popular e responsable de Benestar Social, Silvia Xunco, acompañada do presidente dos populares en Pontevedra, Rafa Domínguez, reuniuse este mércores coas asociacións Asem e Boa Vida

A concelleira do Partido Popular e responsable de Benestar Social, Silvia Xunco, acompañada do presidente dos populares en Pontevedra, Rafa Domínguez, continua coa súa rolda de contactos coas asociacións do ámbito do Benestar Social da cidade. Sobre o motivo destes encontros, Xunco explicou que as reunións periódicas “son fundamentais para tomar o pulso á situación: saber que necesitan, e de que maneira, é básico para que estas asociacións véxanse o menos afectadas por unha situación que chegou a ser límite”.

Este mércores, Xunco e Domínguez reuníronse coa Asociación galega contra as enfermidades neuromusculares e a Asociación Boa Vida Inclusión Activa. A concelleira popular ha repasado con elas o Plan de Compromiso Social proposto polos populares, rexeitado polo Goberno local: que o Concello destinase o 10% do seu orzamento para o ano 2021 en gasto social, actualmente un 4,5%.

“Tendo en cuenta as dificultades engadidas que estas asociacións tiveron que afrontar este ano, entendemos necesario que o Concello mostre un maior compromiso social. Neste sentido, propuxemos a concesión de axudas a asociacións que desenvolvan programas e actividades de utilidade pública ou interese social”, mencionou Xunco na reunión. Xunco repasou o plan social proposto polos populares, rexeitado polo Goberno local: reforzar a persoal da área de Servizos Sociais, crear unha rede de voluntariado ou duplicar a axuda de emerxencia social, entre outros”.

Publicacións Relacionadas