HomeTabeirósA EstradaOs problemas de teléfono e internet continúan no val de Vea

Os problemas de teléfono e internet continúan no val de Vea

- Anuncio -spot_img

Xoán Reices: “xa sabemos que López está contando os días no calendario para sacarse a foto na inauguración de Mercadona, mais os veciños e veciñas teñen problemas máis importantes que afectan ao desenvolvemento da súa vida diaria”

A Estrada, 17 de novembro de 2022: Os problemas telefónicos persisten na zona de Vea. Segundo explica Xoán Reices, “veciños e veciñas do Souto de Vea levan días sen teléfono e internet ”.

“Desde o BNG parécenos moi grave o que está pasando coas telecomunicacións e a luz no val de Vea”, explica o candidato á alcaldía. “Hai uns días denunciabamos hai uns días o desleixo da operadora Movistar que durante máis de 5 meses mantivo tirados os cables de telefonía no lugar de Bouzamar”, engade, “este problema solucionouse, logo da nosa denuncia, mais os problemas continúa e non non pode ser que os veciños e veciñas, que tamén saíron aos medios para denunciar este feito, sigan a día de hoxe sen teléfono e internet, básicos para o día a día”.

“Desde o BNG instamos unha vez máis ao alcalde a actuar”, afirma Reices, “xa sabemos que López está contando os días no calendario para sacarse a foto na inauguración de Mercadona, mais os veciños e veciñas teñen problemas máis importantes que afectan ao desenvolvemento da súa vida diaria”. “Esiximos a López que exerza de alcalde”, remata o candidato á alcaldía do BNG.

Publicacións Relacionadas