HomeTabeirósCerdedo - CotobadeOs Reis Magos percorren tódalas parroquias de Cerdedo-Cotobade nunha cabalgata itinerante con...

Os Reis Magos percorren tódalas parroquias de Cerdedo-Cotobade nunha cabalgata itinerante con tódalas garantías sanitarias

- Anuncio -spot_img

O Concello fixo entrega dos premios do Concurso de Postais de Nadal cunha participación histórica de escolares dos tres centros educativos do municipio

Unha Cabalgata de Reis itinerante por todas e cada unha das parroquias que conforman o extenso concello de Cerdedo- Cotobade serviu de vehículo de transmisión da ilusión polos Reis Magos cumprindo en todo momento coas recomendacións e as esixencias sanitarias por mor da pandemia da Covid-19.
O cortexo real visitou a Casa do Pobo de Santa María de Sacos, ás 10:35 horas para dirixirse posteriormente e pola mañá a San Xurxo de Sacos, Viascón, Tenorio, Vilanova, Almofrei, Borela, Rebordelo, Carballedo, Corredoira, Caroi, Loureiro e Valongo.
Pola tarde, a comitiva real, retomou a súa ruta ás 15:30 horas para visitar o Local Social de Parada. Posteriormente seguiu cara Folgoso, Pedre, Quireza, Castro, Tomonde, Figueroa e Cerdedo, onde rematou na Praza do Concello.
Por outra banda, sinalar que durante esta xornada foron entregados os premios do Concurso de Postais de Nadal aos cativos participantes que, nesta ocasión, acadou un índice altísimo o máis alto da historia recente desde que se convoca este certame no que participan escolares dos tres centros educativos do municipio.

Publicacións Relacionadas