HomeBaixo MiñoA GuardaOs Reis Magos visitaron A Guarda

Os Reis Magos visitaron A Guarda

- Anuncio -spot_img

Os Reis Magos fixeron un percorrido polas diferentes parroquias e rúas da vila o martes 5 de xaneiro en vehículos clásicos

A programación do Nadal 2020-21 chegou ao seu fin na Guarda coa visita dos Reis Magos que o pasado martes día 5 de xaneiro fixeron un percorrido polas diferentes rúas da vila. A
saída tivo lugar ás 17:30h dende a Praza do Reló, onde os Reis Magos foron recibidos polo
Alcalde da Guarda e partiron en tres vehículos clásicos para facer o percorrido acompañados pola Policía Local e o GES.
Os Reis Magos visitaron a Guarda co desexo de facerse ver polos nenos da vila sen pór en
risco a saúde de nenos nin de maiores, polo que propuxeron un itinerario que percorreu os
barrios e parroquias do municipio.
O entramado urbano, así como a limitación de tempo, non permitíu chegar a todas as rúas,
na súa maioría estreitas e con difícil saída, polo que se propuxo un itinerario longo que
priorizou as longas avenidas e sobretodo permitíua chegar ata os diferentes lugares máis
distantes do centro.
Foron moitos os veciños que agardaron nas súas vivendas para sentir a chegada dos Reis
dende as xanelas, outros decidiron achegarse ás grandes avenidas gardando a distancia de
seguridade (2m.) entre grupos de convivintes.
Os Reis fixeron o percorrido en coches descapotables, para ser así visibles, non en carroza
polo que o percorrido foi mais áxil e rápido que nunha Cabalgata tradicional, percorrendo
uns 22km en total.

Dende o concello recordase que unha vez rematadas as datas do Nadal, todos aqueles que
non desexen conservar as luces repartidas nos centros educativos as poderán depositar nos
contedores de residuos eléctricos ubicados no primeiro andar da Praza de Abastos da
localidade, para ser reutilizados pola empresa que os fabricou.

Publicacións Relacionadas