HomePontevedraBaixo MiñoOs Rosal busca extras para a rodaxe dunha curta profesional en abril

Os Rosal busca extras para a rodaxe dunha curta profesional en abril

- Anuncio -spot_img

Veciñanza de todas as idades poderá participar na rodaxe do proxecto audiovisual de Acting School

Celebrarase unha reunión informativa este sábado 29 de marzo ás 17.00 horas no Salón de Exposicións do Concello

O Rosal convértese nun escenario de cine. A Escola de Cine Acting School de Vigo abre a porta á veciñanza rosaleira para participar como extras na rodaxe dunha curta profesional que se filmará no municipio durante o mes de abril. A gravación encherá de cámaras e actores o Rosal a semana do 14 ao 20 de abril, aínda que as veciñas e veciños interesados en participar deberán ter dispoñibilidade o luns 14 de abril en horario de mañá.

Para todas aquelas persoas interesadas en vivir esta experiencia cinematográfica, convocouse unha reunión explicativa este sábado 29 de marzo de 17.00 a 20.00 horas no Salón de Exposicións do Concello. Neste encontro daranse todos os detalles sobre a rodaxe, a vestimenta desta curta ambientada nos anos 70 e da participación da veciñanza no proxecto.

Dende o Concello anímase a rosaleiros e rosaleiras de todas as idades a formar parte desta iniciativa única, “unha ocasión excepcional para poder formar parte do mundo do cine e ver O Rosal convertido nun escenario profesional de rodaxe”, como recalcou a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

Publicacións Relacionadas