Os roteiros culturais entre Lusco e Fusco finalizan a súa tempada este ano 2025

adminON
Lectura mínima de 1

Hoxe, luns 25 de agosto, o Concello de Baiona convocou unha segunda edición dun dos roteiros culturais máis demandadas polo público, a da igrexa-documento Santa María de Baiona.

A arqueóloga Rosa Villar, acompañada por Cristina Vilar, serán as encargadas de descubrir aos asistentes as marcas de canteiro e as marcas gremiais que se conservan sobre as pedras das naves, deixando constancia do carácter fundacional da antiga colexiata de Baiona.

Trátase de rexistros insólitos e numerosos, cun significado histórico de gran valor, accesibles na actualidade grazas ao labor de investigación levada a cabo desde hai anos polas responsables do Museo Casa da Navegación e do Arquivo Histórico de Baiona.

O punto de encontro para a cita “Santa María de Baiona, Iglesia Documento da Idade Media” será o atrio da igrexa, ás 21:00H.

As prazas son limitadas e a actividade é gratuíta, previa inscrición na propia Casa da Navegación de Baiona, a través do teléfono 986356688 ou do correo electrónico casa.navegacion@baiona.gal

Comparte este artigo