Home O Morrazo Bueu Os Sendeiros de Cabo Udra e o do Litoral conseguen o distintivo...

Os Sendeiros de Cabo Udra e o do Litoral conseguen o distintivo de “Sendeiro Azul”

- Anuncio -

• O Concello de Bueu consegue por primeira vez o galardón para o Sendeiro do Litoral, o que refrenda o traballo do goberno local para poñer en valor os recursos medioambientais da vila

• Félix Juncal, alcalde de Bueu, e Silvia Carballo, concelleira de promoción económica e turismo, mostran a súa satisfacción por estes distintivos que “premian a nosa aposta pola difusión da natureza de forma respectuosa e con actividades dinamizadoras”

O Concello de Bueu vén de ser recoñecido con dous galardóns na campaña de “Sendeiros Azuis 2023” que concede anualmente a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC). O municipio bueués renova o distintivo azul para o Sendeiro de Cabo Udra, e acádao por primeira vez para o Sendeiro do Litoral, o que refrenda o traballo do goberno local nos últimos anos para poñer en valor os recursos medioambientais e de goce da natureza. Félix Juncal, alcalde de Bueu, e Silvia Carballo, concelleira de promoción económica e turismo, mostran a súa satisfacción pola consecución destes dous galardóns que “premian a nosa aposta pola difusión da natureza de forma respectuosa e con actividades dinamizadoras”.

Carballo destaca que “despois de conseguir a Bandeira Azul para a praia da Banda do Río, propuxémonos outro reto, que era conseguir o galardón por primeira vez para o Sendeiro do Litoral, polo que acadalo supón unha oportunidade de proxección a nivel internacional e tamén un agasallo para que a nosa veciñanza siga coñecendo a vila e os seus encantos”. O Sendeiro do Litoral de Bueu iníciase na praia de Portomaior e finaliza na de Lagos, percorrendo os elementos que definen a Bueu como unha vila mariñeira de esplendoroso pasado industrial: as factorías de salgadura e conserveiras que outrora dominaban a súa fachada marítima dan conta da importancia que tivo a chegada da modernidade tecnolóxica e industrial a Galicia naquela altura; o Museo Massó e o Estaleiro de Purro son puntos de parada obrigados para afondar neste momento da nosa historia; e a paixase natural de bosques e rochas erosionadas polo vento encamiñan á praia de Lagos.

Estes galardóns recoñecen esforzo e compromiso do goberno local para manter a calidade e o coidado da contorna, ademais de contribuír á súa promoción. Estes sendeiros constitúen un dos recursos naturais máis prezados da vila bueuesa, pois neles conflúen abondosos elementos vencellados co patrimonio etnográfico, histórico e outros de flora e da fauna, que demostran a enorme riqueza da vila morracense, e que dende o Concello se poñen en valor a través da organización nos últimos anos de diversas rutas de sendeirismo guiadas. Ademais, os dous sendeiros unen os centros azuis de Agrelo e Cabo Udra, polo que supón a culminación dun proxecto completo.

Así mesmo, o Concello aspira a revalidar o galardón que concede cada tempada estival para as praias de Lapamán, Portomaior, Area de Bon, Lagos, e a urbana da Banda do Río. Ao igual ca o ano pasado, tamén se presentaron as candidaturas para a Aula da Natureza de Cabo Udra e para o Centro de Interpretación de Agrelo.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas